Previa Xuvenil: Outes FC-CD Baio

Na Liga da Costa Xuvenil xogarase este sábado a 18ª xornada, ou o que vén sendo o mesmo a primeira da segunda volta. Completábase este mércores a primeira volta cunha derrota do CD Baio en Esteiro, que xunto coa sorprendente por como foi o partido do sábado anterior, deixaron ao cadro baiés na 14ª praza, con 14 puntos e catro derrotas consecutivas nas últimas xornadas, que empañaron un pouco a boa disposición do equipo durante a primeira parte ligueira. Este sábado toca visita á Serra de Outes, para enfrontarse a un equipo local que leva unha boa xeira de resultados nas últimas xornadas, só estragada pola súa incomparecencia en Coristanco, o que motivou a perda do partido e a sanción de tres puntos na clasificación. Suman xa que logo 20 puntos, na 11ª posición da táboa, e xa venceron na estrea da temporada no Platas Reinoso nun partido tolo, que puido caer de calquera lado. Fran, con 9, e Ryam, con 6, son os seus máximos goleadores no que vai de liga, nun conxunto que leva unhas cifras goleadoras moi similares ás do equipo baiés. A ver se a visita ao Conchido serve para reverter a situación das últimas xornadas e volver á senda do triunfo para os baieses.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

OUTES F.C. – C.D. BAIO

Sábado 9 de decembro; 16:00 horas.

Saída de Baio ás 14:00 horas.

Campo: O Conchido (A Serra de Outes).

Árbitro: Marcos Bravo González.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *