Previa Xuvenil: Corme CF-CD Baio

Na Liga da Costa Xuvenil xogarase este sábado a 15ª xornada, na que o CD Baio viaxa ata terras cormelanas para enfrontarse ao Corme CF, actual líder da competición e claro favorito a levar o título ao remate da Liga. Once vitorias e dúas derrotas (en Fisterra e Ponteceso) nos trece partidos disputados, deixan ben ás claras as súas capacidades. Leva nada menos que 60 goles a favor, con moito o máximo goleador do grupo, e tan só encaixou 19 tantos (o segundo que menos). Ten no seu tridente Eloy-José Manuel-Samuel a base sobre a que sustenta o seu xogo, pois os tres xa levan varias temporadas xogando no primeiro equipo cormelán. Samuel leva marcados 17 goles e José Manuel 13, que suman máis que os conseguidos en total polo Baio. Suma seis triunfos nas seis últimas xornadas, e quererá seguir coa boa xeira ante o Baio, pero o equipo baiés está demostrando este ano que a pesar do que indique a súa clasificación, está poñéndolle as cousas difíciles a todo o mundo. As moitas derrotas pola mínima así o testemuñan, como foi a da semana pasada no Platas Reinoso ante o Ponteceso SD, que levou os tres puntos do campo baiés mercede a un solitario gol conseguido no tramo final do partido. É por iso que o Baio pódelle facer fronte a calquera, e a presenza do líder pode motivar aínda máis aos rapaces de Bieito-MC para o partido deste sábado.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

CORME C.F. – C.D. BAIO

Sábado 25 de novembro; 16:00 horas.

Saída de Baio ás 14:30 horas.

Campo: O Cairo (Corme).

Árbitro: Rai Reborido Rodríguez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *