A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1829 |
712 |
424 |
693 |
3012 |
3021 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1602 |
618 |
368 |
616 |
2571 |
2652 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
430 |
172 |
115 |
143 |
653 |
632 |
O CD Baio vaise enfrontar na decimoterceira xornada da Primeira Galicia ao Soneira SD, no segundo dos tres derbys que vai disputar. O club vimiancés foi fundado en 1965, e entrou a competir na terceira Liga da Costa. Esta é súa 41ª temporada, pois estivo varias campañas sen participar (da 1970-71 á 1977-78, e da 1991-92 á 1994-95). Despois do seu debut na Liga da Costa, estivo cinco temporadas competindo, para desaparecer durante oito campañas. Volve na 1978-79, e tras seis temporadas na Liga da Costa, ascende á 1ª Rexional semiprovincial, na que bota dúas temporadas, pola transformación do seu grupo en dous, polo que continúa na 1ª Rexional, pero en realidade é a Liga da Costa. Cinco temporadas bota nesta categoría, ata que o club desaparece en logo da 1990-91. Tras catro campañas sen competir, volve na 3ª Rexional na 1995-96, e ese ano xa consegue o ascenso á Liga da Costa, na que vai botar nove anos antes de ascender á 1ª Rexional provincial. Logo de cinco temporadas nesta categoría logra o ascenso á Preferente, na que botará os seguintes catro anos. Tras dúas temporadas na 1ª Autonómica semiprovincial, volve ascender á Preferente na 15-16, para volver baixar ao ano seguinte e militar na actualidade neste Grupo 2º da 1ª Galicia. En definitiva, son 5 temporadas na Preferente, 15 na Liga da Costa, 1 na 3ª Rexional e coa actual 10 na 1ª Rexional. É o 12º club da Costa en número de partidos disputados, que son un total de 1361 en todas as competicións oficiais, e 1196 en campionatos ligueiros. Curiosamente, a pasada semana o seu dianteiro Basti conseguiu marcar o gol número 1900 en liga que é ademais o 2200 en todas as competicións na historia do club soneirán.
O Soneira conseguiu os títulos ligueiros da 1ª Autonómica (2015-16) e da Liga da Costa (1966-67, 1983-84 e 2004-05), así como dúas Copas da Costa (2008-09 e 2010-11), sendo ademais finalista en tres ocasións máis (1999-2000, 2006-07 e 2015-16).
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
26 |
09 |
07 |
10 |
47 |
40 |
|
Xogados en Vimianzo |
|||||
|
13 |
04 |
03 |
06 |
26 |
24 |
Esta será a décimocuarta temporada na que coincidan os dous conxuntos. Das trece anteriores, tres delas foron na 1ª Rexional e o resto na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 19 de maio de 1966, no Balsiño, e o Soneira levou a vitoria con comodidade (0-3); mentres que o primeiro partido oficial en Vimianzo tivo lugar o 17 de xullo, e novamente os vimianceses se impuxeron con solvencia (5-2). E é que o Baio non logrou puntuar ata o sétimo enfrontamento entre eles, e a primeira vitoria baiesa chegou no noveno partido. O primeiro empate (2-2) viñera na cuarta visita do Baio a terras vimiancesas, logo de tres derrotas nas anteriores visitas; na seguinte campaña volveu golear o Soneira no seu campo (4-1) antes de desaparecer este club durante oito temporadas. Volveron enfrontarse os dous conxuntos na campaña 79-80, e o Baio colleitou unha sorprendente goleada (1-7), con empate no seguinte ano (1-1). Tras unha temporada sen coincidir, volveron encontrarse na Liga da Costa 82-83, no que os dous foron rivais polo título, e aínda que este foi para Baio, a vitoria no campo vimiancés quedou para os locais (2-1). Houbo que agardar á temporada 1989-90 para que volvesen cadrar, e foi na Liga da Costa da 1ª , e o Baio venceu por 0-2, e volveu repetir o conxunto baiés na seguinte campaña e desta vez por goleada (1-6). Moitos anos pasaron ata o seguinte enfrontamento, que foi na 1ª Rexional provincial, e o partido disputado en Vimianzo acabou sen goles. Outros dez anos sen coincidir para facelo na 1ª Autonómica semiprovincial; na temporada 2014-15 o Soneira impúxose por 2-1 e na 2015-16 o Baio levou a vitoria por 0-1, senda esta a última temporada que cadraran. É dicir, as estatísticas xerais están máis ou menos igualadas, pero no tocante aos partidos disputados en Vimianzo, o Soneira tenas lixeiramente favorables.
O partido do sábado
O Soneira SD volve logo coincidir co CD Baio tras estar a temporada pasada dúas categorías por riba, pero o seu descenso da Preferente e o ascenso dos baieses desde a Liga da Costa colócaos aos dous de novo na 1ª Galicia. Mantendo a base de temporadas anteriores, o Soneira reforzouse coa vista posta en recuperar a categoría perdida. Para iso buscou novo inquilino para o banco, e Rafael Suárez ocúpase de adestrar aos soneiráns tras as súas boas campañas no UC Cee. As fichaxes chegaron da man de De la Sierra, Nazo e Pablo Mouzo (Camariñas), David Agra (Sp. Zas), Álex Figueiras (Sofán), Bruno (Fisterra), Rachón (Xallas) e, a última hora, Chinda (Castriz).
Nesas doce xornadas a base do equipo estivo formado pola presenza como fixos no once inicial de Anxo na portería, Aarón e Jota na defensa, Álex Figueiras e Pichi no centro de campo, e Basti e Vía Rápida en ataque. Para os outros postos botou o míster man dos Nazo, David Agra, Darío, Sandelo ou Bruno. Rachón e Óscar, xa fóra do equipo por diversas razóns, tamén foron da partida no inicio, e nas últimas xornadas De la Sierra estase facendo un oco no once inicial. A chegada de Chinda e a recuperacións de Rubén Forján e Christian dan novas posibilidades na defensa. Pablo Mouzo, isam e Bermúdez intentan aproveitar os minutos que esta importante plantilla lles deixa.
O Soneira está situado na 7ª posición, con 20 puntos, conseguidos tras seis vitorias e dous empates. Os seis triunfos chegaron repartidos, tres na casa (San Lorenzo, Silleda e Bertamiráns) e tres fóra (Fisterra, At. Ribeira e Unión); mentres que os empates foron sempre como locatario (Cordeiro e Sigüeiro); pola súa parte, perdeu un partido como local (Chaián) e tres como visitante (Piloño, Flavia e Tordoia). Suma un total de 23 goles, que o converten no segundo equipo máis goleador do grupo, por detrás do Lalín, pero acumula xa 19 goles en contra, os mesmos que leva actualmente o Baio. Os goles repártenos entre Basti (8), Bruno (5), Aarón e Álex Figueiras (2), e David Agra e Pichi (1).
O CD Baio necesita a vitoria para saír da zona perigosa, e vai ser este un partido especial, non só polo derby contra os veciños de Vimianzo, senón porque no banco baiés non vai estar Pedro Gómez, tras ano e medio sendo o adestrador baiés. Os visitantes terán que enfrontarse a este feito e ás baixas que acumula semana tras semana. Agardemos que unha vitoria sexa balsámica.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
SONEIRA S.D. – C.D. BAIO
Sábado 25 de novembro; 18:15 horas.
Saída de Baio ás 16:45 horas.
Campo: Municipal (Vimianzo).
Árbitro: Álvaro Gil Soriano
Asistentes: Alejandro Vázquez Bello / Carlos Señarís Balsas

