Previa Xuvenil: CD Baio-SD Laxe

Na Liga da Costa Xuvenil xogarase este sábado a 19ª xornada, ou o que vén sendo o mesmo a segunda da segunda volta. Confiemos que este segundo tramo sexa máis positivo que a primeira parte da competición e o equipo demostre as súas condicións. Comezaron ben as cousas coa vitoria da semana pasada no Conchido ante o Outes, superando ademais a golaveraxe co cadro outiense. E xa metidos nesta nova xornada, a última do ano 2017, temos un enfrontamento coa SD Laxe no Platas Reinoso. O conxunto laxense figura actualmente na 11ª posición, con 21 puntos, catro máis que os baieses. Tras un bo comezo de temporada, na que mesmo goleou ao Baio (5-0), nas últimas semanas non conseguía gañar, ata que na pasada xornada se impuxo ao Sofán (3-0), para rachar con seis partidos sen facelo. A forza deste equipo está na súa faceta realizadora, pois suma 49 goles, pero tamén encaixa moitos, pois os 60 que leva son a cuarta peor marca do grupo. E no apartado realizador sobresae o pichichi do grupo, o dianteiro Santi Casas, que con 29 goles supera o 60% dos goles do seu equipo. Terá que ter conta del a defensa baiesa, sen descoidar ao resto, e se atopa o camiño do gol como a semana pasada na Serra de Outes, a vitoria estará máis preto dos da casa.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

C.D. BAIO – S.D. LAXE

Sábado 16 de decembro; 16:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Daniel Martínez Ferreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *