Previa: CD Baio-CF Silleda

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1831

713

425

693

3015

3022

TOTAL LIGAS

1604

619

369

616

2574

2653

1ª AUTONÓMICA

432

173

116

143

656

633

O CD Baio vaise enfrontar na decimosexta xornada da Primeira Galicia ao CF Silleda, despois da suspensión do partido da semana pasada en Ribeira polo temporal. O equipo silledense é un vello coñecido, pois estaba na 1ª Rexional cando o CD Baio ascendeu por vez primeira a esta categoría. Pasaron 35 temporadas desde aquela, nas que o Silleda se mantivo na 1ª Rexional Grupo 2 ata que este foi dividido en dous na campaña 1968-87, polo que continuou no grupo 2A, que corresponde á Liga do Sar. Catro anos neste grupo ata que descende á 2ª Rexional; na 1991-92 reestablécense as categorías e a Liga do Sar volve á 2ª Rexional, na que vai continuar o club silledense. Cinco temporadas continuas ata que descende á 3ª Rexional logo da 1995-96; na 1996-97 gaña a liga da 3ª Rexional e volve á Liga do Sar, na que estará catro temporadas ata que volve descender á 3ª Rexional; outra vez bota un ano no inferno e logra o ascenso ao ser campión. Tras catro campañas seguidas na última gaña a Liga do Sar e ascende á 1ª Rexional provincial, na que se aguantará tres anos, antes de volver á Liga do Sar. Dúas temporadas nela e volve descender á 3ª Autonómica, que novamente gaña nada máis baixar; tras unha campaña de asentamento á seguinte proclámase campión da Liga do Sar e ascende á 1ª Autonómica semiprovincial. Un só ano nesta categoría e descenso de categoría, para gañar de novo a Liga do Sar á campaña seguinte, e novo ascenso á 1ª Autonómica, na que cumpre a segunda temporada consecutiva. En definitiva, foron 9 temporadas na 1ª Rexional provincial ou semiprovincial, 22 na Liga do Sar e 4 na 3ª Rexional. Neste tempo conseguiu 3 Ligas do Sar (2005-06, 2013-14 e 2015-16) e 3 ligas da 3ª Rexional (1996-97, 2001-02 e 2011-12).

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

04

02

01

01

05

03

Xogados en Baio

02

01

01

00

03

01

Esta será a terceira temporada na que coincidan os dous conxuntos. Como dixemos, a primeira foi na temporada 1983-84 e a segunda ocorreu na temporada 2014-15, ambas e dúas na 1ª Rexional semiprovincial. O primeiro enfrontamento foi o 23 de outubro de 1983 en Silleda, con vitoria local (2-0), mentres que o primeiro partido en Baio tivo lugar o 18 de marzo de 1984, no Balsiño, con empate sen goles. A seguinte visita dos silledenses a terras baiesas ocorreu hai tres temporadas, e o Baio venceu no Platas Reinoso por 3-1, vitoria que repetiría na súa visita ao Outeiriño. Polo tanto, as curtas estatísticas son favorables ao Baio.

O partido do domingo

Por segunda temporada consecutiva o CF Silleda compite na 1ª Galicia Grupo 2, no que a temporada pasada mantivo unha boa liña e rematou na zona media. Esta temporada sufriu unha forte renovación con moitas baixas no seu cadro de xogadores, sen apenas reforzos de fóra, completando o equipo coa subida de xogadores do filial que a temporada pasada competiu na 3ª Autonómica. As fichaxes redúcense á chegada desde o Lamela do porteiro Marcos e do medio Míchel, e desde o Compostela veu o seu xogador estrela, o centrocampista Martín González, moitos anos na 3ª División en equipos como o Cerceda. O conxunto dirixido por Iño conta con 22 fichas sénior, aos que se une algún que outro xuvenil nas convocatorias.

Nas catorce xornadas disputadas a base do equipo estivo formado pola presenza no once inicial de Lázara na portería (aínda que chegaron a xogar tamén Marcos e Cristian); quedando os demais postos case asegurados para Alan, Asier, Álex, Gus, Michel, Martín González, Manu, Richi, Rubén Fernández e Pablo Nogueira, aínda que tamén foron varias veces da partida Souto e Vilas. O resto aproveitan os minutos ou as baixas, e así contaron con oportunidades Esteban, Fondevila, Diego, Pablo Fernández, e sobre todo os xuvenís Moha e Iván Varela.

O Silleda ocupa na actualidade a 16ª posición do grupo, con 12 puntos, conseguidos tras tres vitorias e tres empates. Como local venceu ao Fisterra e ao Sigüeiro, e perdeu con Lalín, Piloño, San Lorenzo, Unión e Flavia; mentres que como visitante gañou en Bastavales, empatou co Puebla, Cordeiro e Bertamiráns, e perdeu co Soneira, Ribeira e Chaián. Polo tanto, leva os mesmos puntos na casa coma fóra. Conseguiu unha boa cantidade de goles, 22, mentres que encaixou 28. Son os seus goleadores Rubén Fernández, con 7 goles, Richi con 5, Martín González con 3, Pablo Nogueira con 2, e con 1 están Alan, Álex, Fondevila, Gus e Manu.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – C.F. SILLEDA

Domingo 17 de decembro; 16:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Alexandre Represas Rodríguez

Asistentes: Brian Agüero Seoane / Santiago Lobón Martínez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *