A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1843 |
715 |
429 |
699 |
3026 |
3034 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1616 |
621 |
373 |
622 |
2585 |
2665 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
444 |
175 |
120 |
149 |
667 |
645 |
Na vixésimosétima xornada da Primeira Galicia o CD Baio viaxa ata Vila de Cruces para enfrontarse á SD Piloño, equipo que ocupa nestes momentos o liderato do grupo. O club representativo dunha parroquia que non chega aos 300 habitantes é relativamente novo, pois fundouse en 1996, polo que esta é a 22ª temporada da súa historia. Tras oito campañas na 3ª Rexional, a maioría delas ocupando postos baixos, na 2003-04 queda subcampión e ascende á 2ª Rexional. Pero só botará nesta categoría un ano, polo que volve baixar á 3ª Rexional, na que estará cinco temporadas máis. Na 2009-10 proclamouse campión e ascende á 2ª Autonómica, na que prolonga os seus éxitos. Na 2010-11 queda cuarto, pero na 2011-12 é subcampión e ascende á nova 1ª Autonómica. E nesta categoría acumula xa seis temporadas consecutivas, as primeiras delas acabando na zona media, pero mellorando nestas últimas. A campaña pasada rematou na 6ª posición, aínda que lonxe dos postos de ascenso e promoción. Polo tanto, a SD Piloño disputou 13 temporadas na 3ª Rexional 2 na 2ª Rexional e esta é a sexta na 1ª Autonómica. Nas súas vitrinas figura esa liga da 3ª Rexional (2009-10) , á que hai que sumarlle a Copa do Sar conseguida na temporada pasada (2016-17; impúxose ao Bastavales UD), despois de perder a final da campaña 2015-16 (co Flavia SD).
|
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
|
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
|
7 |
2 |
2 |
3 |
07 |
14 |
|
Xogados en Vila de Cruces |
|||||
|
3 |
1 |
0 |
2 |
02 |
06 |
Esta é a cuarta temporada na que coinciden os dous conxuntos, todas elas na 1ª Autonómica semiprovincial, e as tres consecutivas. A primeira viaxe do Baio ata O Camballón foi o 27 de abril de 2014 e conseguiu levar a vitoria por un apertado marcador (1-2); na campaña seguinte, a 2014-15, o Piloño tomouse o desquite e goleou cun claro 3-0. Nova vitoria local na última vez que o equipo baiés visitou terras cruceñas, pois o Piloño, con dous goles nos minutos finais, impúxose por 2-0. Xa que logo, as estatísticas amosan unha lixeira superioridade para o equipo pontevedrés, tamén nas xerais, sobre todo no apartado goleador.
O partido do domingo
Como diciamos o Piloño é actualmente o líder do grupo, o que ten un enorme mérito para un equipo dunha parroquia tan pequena. Aínda así, hai que sinalar que o Agolada, que está un punto por debaixo, ten un partido menos que xogará na Semana Santa. Pero nada pode estragar a magnífica campaña do Piloño, que nos 26 partidos disputados suma 55 puntos, colleitados tras 16 vitorias, sete empates e só tres derrotas. A fortaleza deste equipo está no seu campo, pois fixo do Camballón un fortín, pois dos doce partidos disputados nel só cedeu un empate (co Unión), sumando por vitorias os outros once encontros (Soneira, Ribeira, Flavia, Tordoia, Agolada, Lalín, Cordeiro, San Lorenzo, Silleda, Chaián e Bertamiráns). Polo tanto, dos 55 puntos que suma, 34 fíxoos como local e 21 como visitante, a pesar de xogar dous encontros máis como visitante.
Julio Alberto Fernández Paz ‘Julio Alberto’ utilizou no que vai de temporada 23 xogadores sénior, e aínda ten dous máis que non debutaron (os porteiros Cherokee e Brea). Ningún xogador estivo na totalidade de partidos, pero o porteiro Álex xogou como titular 25, e Dani Soto tamén chega aos 25 pero dous deles foron como suplente. Ata 24 partidos xogaron o capitán Imanol, Juan, Maceiro, Matías -os catro todos como titulares- e Santi -con dúas suplencias-. Son sete postos, logo, sen discusión nos plans de Julio Alberto, e para os outros catro postos están normalemente Zequi e Tuco. O veterano Marc e o dianteiro Víctor tamén xogaron a maioría de partidos como titular. Romero, Javi e Terri repártense as titularidades e suplencias, aos que hai que engadir os Otero, Marcos Iván e as recentes fichaxes que se van facendo un oco no once: Pablo Rodríguez e o dianteiro Dani Méndez, que leva cinco partidos como titular e cinco goles. E é que o Piloño leva 46 goles, o que converten no terceiro máis goleador, e non ten un dianteiro que sobresaia neste apartado, senón que ata 12 xogadores marcaron no que vai de temporada. O máximo goleador do club é Zequi, con 8 goles, ao que lle seguen Matías e Víctor, con 6, mentres que con 5 están Dani Méndez e Marc Vidal. Con 3 vai Javi López, e con 2 Imanol, Otero, Romero, Santi e Tuco, e por último Terri suma 1.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
S.D. PILOÑO – C.D. BAIO
Domingo 25 de marzo; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 13:45 horas.
Campo: O Camballón (Vila de Cruces).
Árbitro: Marcos Diéguez González
Asistentes: Diego Otero Varela / Alfonso Pérez Mindeguía

