A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1881 |
739 |
437 |
705 |
3103 |
3074 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1651 |
641 |
381 |
629 |
2645 |
2702 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
479 |
195 |
128 |
156 |
731 |
682 |
O domingo o CD Baio viaxa ata a fin do mundo para enfrontarse no campo do Ara Solis á SD Fisterra. Que se pode dicir deste club histórico, que coma o Baio foi un dos fundadores da Liga da Costa alá pola temporada 1963-64 cun historial que xa sinalamos na previa do partido da primeira volta. Podemos dicir agora que leva disputados 1824 partidos nas 52 temporadas que leva competindo, o que o sitúa como o terceiro club costeiro con máis encontros (por detrás de Baio e Cee), dos que 1641 son dos distintos campionatos ligueiros (neste aspecto só o supera o Baio). E se nos centramos na categoría na que militan tamén son os dous clubs con máis partidos na 1ª Autonómica: 479 o Baio e 459 o Fisterra (este, con PG 161, PE 96, PP 202; GF 739, GC 947). E velaquí están os títulos do conxunto fisterrán na súa historia: campión da Liga da Costa en catro ocasións (1976-77, 1992-93, 2001-02 e 2015-16) e tres veces da Copa da Costa (1978-79, 1996-97 e 2016-17), sendo ademais finalista deste trofeo nas campañas 1963-64, 1969-70, 1975-76, 1992-93 e 1997-98.
Esta é a vixesimosétima temporada na que coinciden os dous conxuntos, catro delas na Preferente, catro na 1ª Rexional provincial e o resto na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 10 de maio de 1964 en terras fisterrás, con clara vitoria local (7-1), un mellor resultada que o que seu deu na temporada seguinte: 8-1; na 1965-66 nova goleada fisterrá (4-0). Tras un ano sen competir o Fisterra volve á competición cos mesmos resultados: 4-1 na 1967-68 e 4-0 na 1968-69. Nova temporada de descanso do Fisterra e na 1970-71 volta ao rego (4-0), pero na 1971-72 o Baio logrou vencer por vez primeira (1-3), e non só iso senón que lles deu o farol vermello aos fisterráns ao final da liga. A súa pobre campaña marcaba o inicio de dous anos sen competir e a volta foi na 1974-75 cun empate (3-3), pero axiña volverían as goleadas: nada menos que un 10-2 na 1975-76 e un 8-1 na 1976-77, campaña esta na que o Fisterra se proclamara campión por diante do potente Bergantiños e marcara o inicio do seu despegue que chegaría ata a 3ª División. Pasaron anos, logo, para volvérense atopar, e foi xa na Preferente: na 1984-85 o Baio gañou no Ara Solis (0-2), pero na 1985-86 os locais volverían impoñerse con claridade (4-1), para igualar na 1986-87 (2-2) e nova goleada local na 1987-88 (4-1), na que foi unha das dúas vitorias que conseguirían este ano os fisterráns. Volveron atoparse os dous na Liga da Costa 1989-90, e o Fisterra impúxose por 2-0, mentres que ao ano seguinte acabaron en empate (2-2). Novos anos de separación pola división da Liga da Costa en Norte e Sur, e reencontro na 1ª Rexional provincial na 1994-95, con empate (1-1). Logo dunhas temporadas baiesas na Preferente, na 1999-2000 volveron cadrar nesta 1ª Rexional e mesmo resultado (1-1); e na categoría provincial habían coincidir tamén na 2002-03 con vitoria baiesa (0-2). Os seguintes enfrontamentos xa serían na Liga da Costa, seis temporadas consecutivas: na 2006-07 vitoria local (2-1), empates nas dúas seguintes (0-0 e 1-1), novas vitorias locais nas dúas seguintes (4-3 e 4-1) e na 2011-12 rematou en empate (2-2). Tras uns anos nos que parece que se evitaban, volveron coincidir a temporada 2017-18 na 1ª Autonómica, con vitoria baiesa por 1-2. Con todo, as estatísticas dos partidos xogados en Fisterra son claramente favorables aos locais, con cifras goleadoras escandalosas, mentres que nas xerais o Baio foinas igualando.
O partido do domingo
A SD Fisterra partía co cartel de favorito a estar nos postos altos e abofé que o está logrando, pois mantense no podio ligueiro en todo o que vai de campionato. As fichaxes efectuadas no verán e as realizadas co transcorrer da competición déronlle un salto de calidade que se ve reflectido nos resultados. A chegada de varios homes que o ano pasado competiron na Preferente co Dumbría (caso de Bouzón, Aarón, Julito ou Makaay), uníronse nos últimos tempos novas incorporacións tamén con pasado recente no club dumbriés, como son o defensa Rubén García (Suevos), e os dianteiros Iván González (Xallas) e Esteban Capelo (Mazaricos). O míster Ángel López conta na actualidade con 25 fichas sénior, e xa utilizou 28 xogadores no que vai de campaña (2 deles xuvenís e un xa baixa -Edu Castreje (Lira)-). Tan só un xogador foi participou en todos os partidos, e nos 27 foi titular: o porteiro Bouzón. Saíron de inicio en 25 ocasións os defensas Andrés Vigo e Rubia, e o medio Aarón; un partido menos suman Julito e Adrián Makaay. Xunto a eles pódense considerar titulares os Pablo Lestón, Roa, Breixo e Bruno, que andan pola vintena de titularidades. A metade das xornadas aproximadamente saíron no once Jesús, Roco ou Cote, con menos oportundidades para Piti ou Colombia. Hai que destacar tamén a Dani Martínez, que participou en 25 encontros, 21 deles saíndo desde o banco; de reserva adoitan entrar tamén os Adrián Castro, Pichino ou Mané. E a todo isto hai que sumar as fichaxes da semana pasada: Iván e Capelo.
Na actualidade ocupa o 2º posto, con 62 puntos, logrados mediante dezanove vitorias (Soneira 0-1, Unión 3-0, Chaián 0-3, Praíña 3-1, Dumbría 1-2, Esclavitud 3-1, Sigüeiro 1-0, Val do Ulla 1-3, Bertamiráns 3-0, Esteirana 1-2, Bastavales 3-0, Lalín 0-2, Soneira 2-1, Cordeiro 2-1, Unión (0-3), Chaián 2-0, Praíña 1-2, Dumbría 3-0 e Esclavitud 0-2) e cinco empates (na casa, Tordoia 2-2 e Piloño 1-1; fóra, Piloño 1-1, Cordeiro 1-1 e Tordoia 0-0), e perdeu tres partidos (Flavia 1-2, Baio 4-0 e Flavia 2-0). Como local sumou 32 puntos dos 62 (xogou un menos na casa), con 10 vitorias e 2 empates, e tan só 1 derrota. Marcou 29 goles como local dos 51 que leva, mentres que na casa encaixou só 9 dos 21 que suma en total (2º menos goleado). O Fisterra gañou os seis últimos partidos e leva oito sen perder (un empate), as mesmas rachas que as últimas veces que perdeu. Como podemos apreciar, practicamente calca os resultados da primeira volta cos da segunda, pois empatou e perdeu case cos mesmos equipos. O seu máximo goleador, non podía ser doutro xeito, é Adrián Makaay, con 18 goles; séguenlle con 7 Aarón e Bruno, con 5 está Pablo Lestón e 3 levan Julito e Jesús. Roa conseguiu marcar 2, e con 1 gol están Adrián Castro, Andrés Vigo, Dani Martínez, Breixo, Mané e Esteban Capelo.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
S.D. FISTERRA – C.D. BAIO
Domingo 31 de marzo; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 15:00 horas.
Campo: Ara Solis (Fisterra).
Árbitro: Arturo Díaz Álvarez.
Asistentes: Pablo Blanco Ameijeiras / Félix Queija Pérez.

