Previa: CD Baio-SD San Lorenzo

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1830

712

425

693

3013

3022

TOTAL LIGAS

1603

618

369

616

2572

2653

1ª AUTONÓMICA

431

172

116

143

654

633

O CD Baio vaise enfrontar na decimocuarta xornada da Primeira Galicia á SD San Lorenzo, no terceiro derby consecutivo que vai disputar. O club verdillés foi fundado en 1979, polo que esta é a súa 39ª temporada competindo de maneira ininterrompida. Tras debutar na Liga da Costa 1979-80 estivo nesta competición sete temporadas seguidas, para descender á 2ª Rexional logo da 1986-87. Aquí estivo as catro campañas seguintes, para volver á Liga da Costa logo da recomposición dos grupos na 1991-92; dous anos na Liga da Costa para descender á 3ª Rexional logo da 1992-93. O ano no inferno superouno con nota, pois proclamouse campión e ascendeu á Liga da Costa de novo. Dez anos seguidos estivo na Liga da Costa ata que na 2003-04 queda subcampión e ascende á 1ª Rexional pola renuncia do campión Camariñas. Catro temporadas estivo na 1ª Rexional provincial, para volver xogar na Liga da Costa na 2008-09; nesta categoría estaría outras nove campañas consecutivas, para proclamarse subcampión na 2016-17 e lograr na promoción de ascenso subir á 1ª Autonómica semiprovincial na que milita actualmente. Polo tanto, nesas 39 campañas estivo 29 na Liga da Costa, 5 na categoría mínima (2ª ou 3ª Rexional) e coa actual leva 5 na 1ª Autonómica. Nas súas vitrinas só hai un título ligueiro, o que conseguiu na 3ª Rexional da temporada 1993-94; na Copa da Costa chegou a dúas finais consecutivas: 1994-95 (perdeu co Camariñas) e 1995-96 (perdeu co Lira).

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

28

11

07

1

48

41

Xogados en Baio

14

08

03

03

32

19

Esta será a décimoquinta temporada na que coincidan os dous conxuntos. Das catorce anteriores, dúas delas foron na 1ª Rexional provincial e o resto na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 20 de xaneiro de 1980, no Balsiño, e o Baio venceu pola mínima (2-1). Tamén gañou o Baio nas tres seguintes confrontacións no Balsiño, ata que na 1982-83 ascende de categoría e deixan de coincidir ata a 1991-92. Nesta o Baio volveu gañar como local, xa no Platas Reinoso, e sería na seguinte cando o San Lorenzo lograse puntuar por vez primeira nas súas visitas (1-1). Houbo que agarda máis dunha década para que volvesen cadrar, e foi na 1ª Rexional, con vitoria baiesa na 2004-05 (2-1) e empate na 05-06 (2-2). Despois do descenso dos dous conxuntos, volveron cadrar na Liga da Costa 2008-09, coa primeira vitoria verdillesa en Baio (0-1). Ao ano seguinte empataron (2-2) para volver vencer o San Lorenzo (2-3) na 10-11; na 11-12 o Baio gañou con claridade (4-0), algo parecido ao que sucedeu na 12-13 (4-2). O último enfrontamento foi a pasada temporada, con clara vitoria verdillesa no Platas Reinoso (1-3). En definitiva, as estatísticas dos partidos xogados en Baio son bastante favorables aos locais, aínda que o San Lorenzo puntuou en cinco das súas últimas sete visitas. No tocante ás estatísticas xerais, están bastante igualados os números.

O partido do domingo

Despois de ascender os dous equipos desde a Liga da Costa volven enfrontarse na categoría semiprovincial, na que os dous conxuntos non están pasando por unha boa xeira de resultados. O San Lorenzo mantén a maior parte do bloque da campaña pasada, aínda que con algunha baixa importante, como poden ser Fuentefría, Rudi ou o lesionado Juni. Para facer fronte á temporada incorporáronse varios xogadores da canteira carballesa: do xuvenil do Bergantiños chegaron Luciano e Yago, e do Pedreiras subiron Cotelo, David Lorenzo ou Brais Cancela. Coa liga xa comezada incorporouse Aitor, do Bergantiños. No banco continúa por segunda temprada consecutiva Óscar Suárez, ex-xogador e ex-adestrador baiés.

Nestas trece xornadas a base do equipo estivo formado pola presenza no once inicial de Javi Souto na portería (xogou todos os minutos), Luciano e Pablo Díaz na defensa, Álex Taibo e Mario no centro de campo, e Diego Varela en ataque. Para os outros postos botou o míster man de Juanjo, Adrián ou Baneira na defensa; Aitor converteuse en fixo desde que chegou, ao igual que Parafita, con Kevin tamén en moitos onces iniciais. Nas últimas xornadas está entrando de inicio Dani Pena, quedando con menos minutos os Cotelo, Puñal, Yago, Anxo, Samu, Brais ou David Lorenzo.

O San Lorenzo ocupa na actualidade a derradeira posición do grupo, con 9 puntos, conseguidos tras dúas vitorias e tres empates. Como local venceu ao Unión e empatou co Piloño e Flavia, mentres que perdeu co Fisterra, Sigüeiro, Ribeira e Tordoia; mentres que como visitante venceu en Silleda e empatou en Bertamiráns, para caer nos campos do Bastavales, Cordeiro, Soneira e Chaián. Suma só 15 goles a favor, o que o colocan como o terceiro menos goleador do grupo, e encaixou 30 goles, que é a cifra máis alta de todas. Os goles chegaron da man de Diego Varela e Mario (4), Parafita (3), e Brais, Dani Pena, Aitor e Yago (1).

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – S.D. SAN LORENZO

Domingo 3 de decembro; 16:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Daniel Fraga Viñuelas

Asistentes: Alejandro Vázquez Bello / Víctor Jacobo Rodríguez Bernal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *