A Historia
|
C.D. BAIO |
|||||
|
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
|
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
|
1880 |
738 |
437 |
705 |
3102 |
3074 |
|
TOTAL LIGAS |
|||||
|
1650 |
640 |
381 |
629 |
2644 |
2702 |
|
1ª AUTONÓMICA |
|||||
|
478 |
194 |
128 |
156 |
730 |
682 |
O domingo o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao CD Lalín, club fundado en 1974, e que viviu tempos gloriosos que o levaron incluso á 2ª División B, como sinalamos na previa do partido da primeira volta. Tan só recordamos agora os seus títulos, que veñen dados de 2 ligas da 3ª División (1984-85 e 1990-91), 1 liga da Preferente (2010-11) e 1 liga da 2ª Rexional (1978-79), sumando ademais 7 fases de ascenso á 2ª División B.
Esta é a segunda temporada que CD Baio e CD Lalín coinciden, sendo a primeira a pasada campaña, na que os dous partidos se saldaron con senllos empates. O 22 de outubro de 2017 xogaron no Platas Reinoso con empate con moitos goles (4-4), e o 11 de marzo de 2018, no Anexo ao Cortizo, o empate foi sen goles (0-0). Esta temporada, no partido xogado no Cortizo o CD Baio logrou impoñerse por 1-2.
O partido do domingo
O CD Lalín, a pesar do seu historial, está transitando pola zona media da clasificación, neste ano de transformación a todos os niveis, tanto na directiva como na deportiva. A renovación case total do cadro de xogadores, con tan só oito que continúan, ademais dos que subiron desde a EF Lalín, supuxo un hándicap á hora de acoplar o equipo. Tamén as lesións fixeron que andada a temporad se tivesen que incorporar novos xogadores, como é o caso de Boyan (Vilatuxe) ou do propio presidente Jorge Rodríguez, que tivo que calzar as botas de novo. O adestrador Moncho Salgado conta actualmente con 20 fichas sénior, aínda que xa utilizou a un total de 28 xogadores no que vai de temporada (7 deles xuvenís, ademais da baixa de Bolaño). Tan só un xogador participou no total dos 26 encontros, como é Rubi, aínda que en 8 deles fíxoo desde o banco. Quen máis veces saíu no once é Rucho, con 24, seguido do seu irmán, o xuvenil Tibu, con 22. Poden considerarse titulares tamén outros como Gómez, Rubén García, Richi ou Guille. Tamén xogaron moitos partidos desde o inicio Rego, Ferreiro, Cubi, Xocas, Fer -este participou en 25 partidos, 12 titular- e You, pero tamén hai que ter en conta que tanto Jorge Rodríguez como Boyan foron fixos nas aliñacións desde que chegaron ao equipo. Na portería empezou de titular Penela, pero DJ Marcos superouno xa en titularidades. Jordi Córdoba, Ernesto e Abraham tamén dispuxeron de moitos minutos, e menos xogaron os xuvenís Eloy Ferreira e Gavieiro, ou o propio Matelo, lesionado moito tempo.
Na actualidade ocupa o 8º posto, con 35 puntos, logrados mediante nove vitorias (Soneira 1-0, Tordoia 2-3, Chaián 4-1, Val do Ulla 1-0, Esteirana 1-0, Tordoia 2-1, Cordeiro 1-4, Chaián 1-2 e Esclavitud 1-0) e oito empates (na casa, Cordeiro 1-1, e Praíña 1-1; fóra, Flavia 1-1, Praíña 1-1, Sigüeiro 1-1, Bastavales 0-0, Piloño 2-2 e Dumbría 1-1), e perdeu nove partidos (Unión 1-0, Dumbría 0-1, Esclavitud 1-0, Baio 1-2, Bertamiráns 3-1, Fisterra 0-2, Flavia 1-2, Soneira 2-1 e Unión 0-1). Como visitante sumou 15 puntos dos 35, con 3 vitorias e 6 empates, e tan só 4 derrotas, conseguindo empatar en campos tan complicados como O Souto ou o Lino Balado. Marcou os mesmos goles que encaixou como visitante, 17, o que supón que é máis realizador como forasteiro, pois leva no total 31 goles. Acumula agora mesmo 4 xornadas sen perder, e das últimas tres visitas, gañou en dúas e empatou na outra. Os goles están moi repartidos, sendo o todoterreo Rucho o máximo realizador con 6 goles, con 5 está Rego; con tres figuran Ferreiro, Richi, Jorge Rodríguez e Boyan; levan dous Gavieiro, Rubén García e Eloy Ferreira; e tan só un Xocas e Jordi Córdoba.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – C.D. LALÍN
Domingo 24 de marzo; 17:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Miguel Suárez Carnota.
Asistentes: David Kumor Otero / Xavier Vila Rodríguez.

