Previa Xuvenil: Xallas FC-CD Baio

Na Liga da Costa Xuvenil celébrase este sábado a 9ª xornada, tras a dobre xornada da semana pasada. Bos partidos do CD Baio, co empate en Muros ante Os Miúdos e derrota pola mínima ante a SD Fisterra no Platas Reinoso. A pesar da derrota foi moi bo o partido xogado polos xuvenís que estiveron boa parte do encontro con vantaxe no marcador, e só viron como lles remontaba o actual segundo clasificado a falta de cinco minutos e cun disparo que rebotou nun defensa e despistou ao porteiro Julián. Polo tanto, as boas sensacións deixadas nas últimas xornadas tenas que referendar o próximo sábado na súa visita a Castriz para enfrontarse ao Xallas FC, equipo que ocupa o penúltimo posto, sen conseguir aínda puntuar nos oito partidos que leva disputados. Con todo, leva os mesmos goles a favor que o Baio (13; 6 deles de Fran Guillín), aínda que encaixou bastantes máis (é o 3º máis goleado do grupo, con 42 goles). Unha das razóns dos seus malos resultados pode estar na escaseza de xogadores, pois só conta con 13 fichas de xuvenil, e non conta con equipo cadete. Con todo, non valen confianzas, pois temos o exemplo da semana pasada, na que lle puxo as cousas moi difíciles ao Sofán, que tivo que remontar na segunda parte o tanto xalleiro. Mais o Baio ten que aproveitar estes partidos para ir subindo posicións na táboa clasificatoria e ocupar un posto máis acorde co xogo desenvolvido ata o momento.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

XALLAS F.C. – C.D. BAIO

Sábado 21 de outubro; 19:00 horas.

Saída de Baio ás 17:30 horas.

Campo: San Pedro (Castriz).

Árbitro: David Castreje Ferrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *