Previa Xuvenil: SD Sofán-CD Baio

O DOMINGO Á HORA DA MISA NAS EIROAS

Na Liga da Costa Xuvenil o CD Baio desprázase ata Carballo para enfrontarse á SD Sofán, nun encontro importante para os baieses para poder sumar os primeiros puntos, tras a irregularidade mostrada nas tres primeiras xornadas, nas que os erros defensivos e a falta de definición na área rival causaron que as derrotas se sucedesen. Aínda así o equipo deixa boas sensacións en moitos momentos dos partidos, polo que deberían ampliar esta sensación a máis minutos para que cheguen os resultados. Non será tarefa fácil gañarlle ao Sofán no desterro das Eiroas, pois é un equipo ben formado, que suma catro puntos nos dous partidos que leva disputados, e coa perigosidade do seu dianteiro David, que leva 7 goles nos dous encontros xogados. A solución terémola o domingo en horario matinal no polígono de Bértoa.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

S.D. SOFÁN – C.D. BAIO

Domingo 24 de setembro; 12:00 horas.

Saída de Baio ás 10:30 horas.

Campo: As Eiroas (Bértoa-Carballo).

Árbitro: David Castreje Ferrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *