Previa Xuvenil: Muxía CF-CD Baio

Na Liga da Costa Xuvenil xogarase este sábado a 13ª xornada, na que o CD Baio viaxa ata terras muxianas para enfrontarse ao Muxía CF sobre o novo céspede artificial da Arliña. O equipo local está situado na penúltima posición, con só tres puntos na súa conta, e que con só 13 goles a favor é o menos goleador do grupo; pola contra suma 77 en contra nos 10 partidos que leva disputados. É pois unha boa oportunidade para volver ao camiño das vitorias, sobre todo despois de que o pasado sábado unha nova remonta do equipo visitante deixase aos baieses sen os puntos, tras estar dúas veces por diante no marcador. Engancharse aos postos medios ten que ser o obxectivo para este final da primeira volta e para iso non se pode errar en partidos coma este.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

MUXÍA C.F. – C.D. BAIO

Sábado 11 de novembro; 16:15 horas.

Saída de Baio ás 14:45 horas.

Campo: A Arliña (Muxía).

Árbitro: David Castreje Ferrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *