Previa Xuvenil: CD Baio-Soneira SD

Na Liga da Costa Xuvenil, tras a xornada do mércores, celébrase este sábado a 12ª xornada. O CD Baio recibe no Platas Reinoso ao Soneira SD, que na actualidade ocupa a 7ª praza, con 18 puntos en dez partidos, con seis vitorias e catro derrotas, sen coñecer aínda o que é empatar. Suma 33 goles a favor, dos que case a metade os conseguiu o seu dianteiro Moreira (16 goles), pero tamén encaixa un bo número de tantos (leva 27 en contra). O equipo baiés pódelle facer fronte en vista dos últimos partidos, nos que volveu deixar boas sensacións ante equipos da parte alta. O sábado pasado perdía co Cabana, despois de que estes remontasen cun gol nos últimos minutos, e este mércores os baieses conseguían empatar no difícil campo das Pedreiras, logo de que o San Lorenzo tamén marcase a falta de dez minutos para o final. Conseguir gañar contra o Soneira permitiríalles aos rapaces do tándem Bieito-MC engancharse aos postos medios da táboa e ir superando rivais nesta igualada competición da que quedan aínda moitas xornadas.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

C.D. BAIO – SONEIRA S.D.

Sábado 4 de novembro; 16:15 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Carlos Señarís Balsas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *