Previa Xuvenil: CD Baio-SD Coristanco

Chega á terceira xornada a Liga da Costa Xuvenil, e o CD Baio conta por derrotas os seus partidos. Se deixara unha boa imaxe no encontro inaugural, a derrota da semana pasada en Laxe por goleada e con apenas once xogadores na convocatoria, dous deles porteiros, deixa moitas dúbidas do futuro do equipo. Agardemos que para este encontro se recuperen efectivos e se poida facer fronte a un Coristanco SD que suma un punto, colleitado a semana pasada no seu campo contra o Sofán, despois de descansar na primeira xornada.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)

C.D. BAIO – S.D. CORISTANCO

Sábado 16 de setembro; 17:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Óscar Santos Rodríguez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *