Previa Xuvenil: CD Baio-Camariñas FC

Na Liga da Costa Xuvenil o CD Baio, despois dunha xornada de descanso, volve á competición recibindo no Platas Reinoso ao Camariñas FC. Tras a gran vitoria colleitada en Carballo ante o Sofán, que permitiu aos rapaces de Bieito-MC poder saborear por fin a vitoria que tanto se lles negara. Seguindo na senda do compromiso e bo xogo reciben a un Camariñas escaso de xogadores que pecha a clasificación nestes momentos. Pero non deben confiarse os baieses, pois a pesar dos resultados, os camariñáns contan con varios xogadores que xa disputan encontros na Liga da Costa. Pero sumar os tres puntos permitiría ver as cousas de forma positiva, e encarar doutra forma a dobre xornada da vindeira semana.

XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
C.D. BAIO – CAMARIÑAS F.C.
Sábado 7 de outubro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Iván Vilanova Antelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *