Na Liga da Costa Xuvenil celébrase este semana unha dobre xornada, correspondentes á 10ª e 11ª xornada. O vindeiro sábado o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao Cabana SD, que na actualidade ocupa a 5ª praza, con 17 puntos en nove partidos, e que nas últimas xornadas vén demostrando un bo nivel (leva tres vitorias consecutivas), con Simón como máximo goleador con 10 goles. E o vindeiro mércores, o CD Baio viaxa ata Berdillo para enfrontarse ao SD San Lorenzo, equipo que tamén está na parte alta, pois na actualidade figura na cuarta praza, con 18 puntos en oito partidos, e tamén leva tres vitorias consecutivas nos últimos partidos e que chegará ao partido contra o Baio despois do duro derby contra o Sofán.
Ten unhas boas pedras de toque o CD Baio para demostrar a súa melloría demostrada nas últimas xornadas, que se viu refrendada coa goleada colleitada a pasada semana en Castriz ante o Xallas, cun bo despregamento ofensivo e un bo xogo que fixo que conseguisen marcar varios futbolistas distintos, aínda que Anxo segue dando mostras da súa importancia de cara ao gol.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
C.D. BAIO – CABANA S.D.
Sábado 28 de outubro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: José Ageitos Pasantes.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
S.D. SAN LORENZO – C.D. BAIO
Mércores 1 de novembro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 15:00 horas
Campo: As Pedreiras (Berdillo).
Árbitro: Óscar Santos Rodríguez.

