Segunda xornada tamén da Liga da Costa xuvenil, á que chega o Baio despois das boas sensacións de xogo do partido inaugural no que foi superior a un Outes en todo menos no que conta, o marcador. Agardemos que a falta de acerto na finalización da que pecou no encontro inaugural se solvente nesta segunda xornada e os rapaces do tándem Bieito-MC poidan traer os tres puntos da súa visita ao Cabo d’Area. O rival, o Laxe SD, tamén quererá sumar os primeiros puntos despois de saír derrotado da súa visita ao Sofán.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
S.D. LAXE – C.D. BAIO
Sábado 9 de setembro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: Cabo da Area (Laxe).
Árbitro: Alberto Baña Tajes.