Principia esta semana tamén a Liga da Costa xuvenil, que despois de moitísimas temporadas volve a ter un grupo único. 17 equipos participan nesta liga que conta un ano máis co CD Baio. Baixo a dirección técnica dos xogadores do primeiro equipo Bieito e Martín MC ata o momento son 18 os xogadores cos que conta no plantel e que prometen facer unha boa competición.
Debutan este venres día 1, coincidindo coas festas recibindo ao Outes FC, que a temporada pasada lograra clasificarse para a segunda fase da liga ao rematar no 3º posto do Grupo Sur. Aínda que na Copa da Costa quedara eliminado nos oitavos de final ao perder precisamente co CD Baio (2-1 no Platas Reinoso).
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
C.D. BAIO – OUTES F.C.
Venres 1 de setembro; 18:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Luis M. Insua Lago.