A tempada 2017/2018 xa está aquí

Xa podemos ofrecer o organigrama da temporada 2017-18, unha vez se definiron coas promocións de ascenso todas as categorías nas que figuran os equipos costeiros. Na Preferente Grupo Norte competirán 3 equipos da Costa (CF Dumbría, SD Sofán e Xallas FC); en total, serán 12 equipos da provincia coruñesa, 7 da de Lugo e 1 da de Pontevedra. Na 1ª Galicia, no seu Grupo 2, compiten este ano só catro equipos da Costa (CD Baio, SD Fisterra, SD San Lorenzo e SD Soneira); cinco serán os equipos pontevedreses e outros catro da comarca do Barbanza, como desprazamentos máis lonxanos. A Liga da Costa, na 2ª Galicia Grupo 2, contará esta vindeira temporada coa novidade de volver ser 16 equipos, coas novidades dos descendidos Outes FC e Sp. Zas e os ascendidos Muxía CF e Lira CF. O obxectivo de reducir a Liga da Costa foi aumentar o grupo costeiro da 3ª Galicia, que en principio contaría con 12 equipos, a falta de confirmar a presenza de todos os que competiron esta última temporada e que non apareza ningún outro novo (con rumores de reaparición do Muros SD).
Así será a temporada 2017-18 para os equipos costeiros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *