Iván “Rubio” (Suíza, 1993) chegou a Baio con un ano e medio e, aínda que os comezos no fútbol non foron fáciles, converteuse nun dos nosos capitáns xunto con MC e Yago, Chegou ao club en último ano de benxamín, nunha temporada en que non contabamos con categoría infantil. Estivo adestrando cos cadetes pero, dada a súa inferioridade tanto en idade coma en corpo, non tiña ficha. Decidiu entón cambiar ao Sporting Zas, onde estivo durante dúas temporadas e media. Cando cumpriu a idade de cadete, volveu á súa casa para ser un dos imprescindibles nesta xeración que tanto ilusiona.
Como estades levando o parón? Fas as rutinas do Míster ou algún tipo de adestramento para non perder a forma?
Intento facelas polo menos tres ou cadro días á semana, agora que xa se pode saír a correr e tal vaise levando algo mellor.
Como resumirías esta temporada a nivel grupal e persoal?
A nivel grupal ben, podemos xogar mellor ou peor pero temos un grupo moi unido e co que da gusto compartir vestiario. Persoalmente estábame intentando adaptar a unha nova posición que algún que outro dolor de cabeza doume (risas).
Cal dos teus compañeiros cres que é o que máis se está coidando neste parón?
En canto a exercicios supoño que será Manolito para ter abdominais no verán, non polo fútbol (risas), e en canto a alimentación vou arriscar e dicir que son eu.
Por quen apostarías que é o que menos adestrou durante o confinamento?
A fama lévaa Peque pero seguro que hai algún tapado que seguro que fixo menos ca el, que non parou de traballar.
A quen lle poñerías as pilas?
A todos en xeral, temos un equipo para facer moito máis que loitar por non descender como o estábamos a facer…deberíamos dar todos un paso adiante ou dous.
Que xogador che sorprendeu máis esta temporada?
Carlos, a verdade é que lle costou un pouco integrarse no grupo, pero parece que Pablo fixo que se centrase e cualidades ten de sobra.
Se tiveras que escoller un…cal sería o teu compañeiro de autobús cada domingo?
Diría que Yago, sempre imos un detrás e outro diante no bus e sempre facemos os famosos circuítos xuntos.
Despois de toda unha vida no CD Baio…cal dirías que foi o mellor xogador co que cadraches no vestiario?
O mellor creo que diría Martín Gómez, aínda que hai que dicir que MC non lle vai quedar atrás, oxalá non tardemos en ver a outros dous coma eles polo Platas.
Mellor adestrador?
O que máis me marcou foi Nacho, estabamos en xuvenís e nunca fixeramos nada ben ata que chegou el e empecei a disfrutar do fútbol de verdade…outro está claro que Félix por todo o que conseguimos da súa man.
Cal é o teu mellor recordo como futbolista?
O mellor recordo foi o primeiro ascenso, aquela fase foi memorable con tanta xente celebrándoo. Outro moi bonito foi a liguilla que gañamos en xuvenís, cos amigos de toda a vida.
Sempre fuches feliz xogando ao fútbol ou nalgún momento tiveches tentacións de deixalo?
Tiven moitos momentos de deixalo, a verdade é que estiven catro anos estudando en Lugo e dicir que foi fácil é mentir: moitos viaxes, innumerables quilómetros, acabar de xogar e ir ata Lugo os domingos e algunhas veces para non xogar…
Bruno envíache unha pregunta: “botas máis de menos os burpees ou que Norberto che fale en castelán nos partidos?”
A Norberto falando castelán claramente, cando o escoitamos eu e Yago case morremos de risa.
Se tiveras que facer unha pregunta a algún dos teus compañeiros…que lle preguntarías e a quen?
Fágolla a Julián: cando acabe o confinamento e se poida saír de festa, ides seguir quedando na casa os fin de semana? (risas)
Para rematar, que mensaxe che gustaría deixar á afección?
Á afección pouco lle hai que dicir, que siga vindo ao Platas coa mesma ilusión…hai momentos bos e malos pero sempre temos a unha gran afección da nosa parte.