Na Liga da Costa Xuvenil xogarase este sábado a 16ª xornada, na que o CD Baio recibe no Platas Reinoso á UD Corcubión, que chega tras unha boa xeira de un empate e dúas vitorias que o afastaron do Baio na clasificación. Actualemente é 10º na táboa, con 20 puntos, tres seis bitorias e dous empates. Suma a boa cifra de 46 goles a favor (o 6º do grupo) pero tamén encaixa un bo número (41) (tamén o 6º que máis encaixa). Os seus realizadores máis salientables son Saulo (11), Hugo (7) e Brais (5). Tras a previsible derrota no campo do líder Corme, o Baio ten que volver á senda dos triunfos ante un rival dos que podemos chamar da súa liga, para así poder achegarse a el na clasificación e volver a coller ánimos tras os últimos reveses.
XUVENIL (1ª AUTONÓMICA – GRUPO 2)
C.D. BAIO – U.D. CORCUBIÓN
Sábado 2 de decembro; 16:00 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan Marcos Ríos Suárez.