Previa Soneira SD-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1883

739

438

706

3105

3081

TOTAL LIGAS

1653

641

382

630

2647

2709

1ª AUTONÓMICA

481

195

129

157

733

689

O CD Baio viaxa ata Vimianzo para enfrontarse no Municipal ao Soneira SD, club fundado en 1965, e que disputa coa actual a súa 42ª temporada. Destas, 5 temporadas foron na Preferente, 25 na Liga da Costa, 1 na 3ª Rexional e coa actual 11 na 1ª Rexional. Conseguiu os títulos ligueiros da 1ª Autonómica (2015-16) e da Liga da Costa (1966-67, 1983-84 e 2004-05), así como dúas Copas da Costa (2008-09 e 2010-11), sendo ademais finalista en tres ocasións máis (1999-2000, 2006-07 e 2015-16).

Esta é a décimoquinta temporada que coinciden os dous conxuntos, cinco delas na 1ª Rexional e o resto na Liga da Costa. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 19 de maio de 1966, no Balsiño, e o Soneira levou a vitoria con comodidade (0-3); mentres que o primeiro partido oficial en Vimianzo tivo lugar o 17 de xullo, e novamente os vimianceses se impuxeron con solvencia (5-2). E é que o Baio non logrou puntuar ata o sétimo enfrontamento entre eles, e a primeira vitoria baiesa chegou no noveno partido. O primeiro empate (2-2) viñera na cuarta visita do Baio a terras vimiancesas, logo de tres derrotas nas anteriores visitas; na seguinte campaña volveu golear o Soneira no seu campo (4-1) antes de desaparecer este club durante oito temporadas. Volveron enfrontarse os dous conxuntos na campaña 1979-80, e o Baio colleitou unha sorprendente goleada (1-7), con empate no seguinte ano (1-1). Tras unha temporada sen coincidir, volveron encontrarse na Liga da Costa 1982-83, no que os dous foron rivais polo título, e aínda que este foi para Baio, a vitoria no campo vimiancés quedou para os locais (2-1). Houbo que agardar á temporada 1989-90 para que volvesen cadrar, e foi na Liga da Costa da 1ª , e o Baio venceu por 0-2, e volveu repetir o conxunto baiés na seguinte campaña e desta vez por goleada (1-6). Moitos anos pasaron ata o seguinte enfrontamento, que foi na 1ª Rexional provincial, e o partido disputado en Vimianzo acabou sen goles. Outros dez anos sen coincidir para facelo na 1ª Autonómica semiprovincial; na temporada 2014-15 o Soneira impúxose por 2-1, na 2015-16 o Baio levou a vitoria por 0-1, e na 2017-18 acabaron en empate (1-1). É dicir, as estatísticas xerais están moi igualadas, cun partido menos gañado por parte do Baio, que suma 9 vitorias, por 10 do Soneira e 10 empates. Nos encontros xogados en Vimianzo, o Soneira impúxose en 6, con 4 vitorias baiesas e outros tantos empates.

O partido do domingo

O Soneira SD está completando unha irregular temporada, na que trata de eludir calquera problema de última hora en forma de arrastre para sentenciar a súa permanencia definitivamente. Moitos cambios no plantel que se foron sucedendo tamén no transcurso da campaña, con chegadas neste sentido como as de Adrián Pose (Boimorto), Madiop (Xallas), Toni (Buño), Chinda, Luisito, ou Mayor (Baíñas). Conta na actualidade con 20 fichas sénior, aínda que ao longo da temporada o míster Pedro Gómez utilizou un total de 27 xogadores (4 deles xuvenís e 5 baixas que tivo o equipo). O único futbolista que participou en todos os partidos foi Álex Taibo (aínda que tres como suplente); sumando un menos o porteiro Javi Souto e Alemán (este dúas veces suplente), e dous menos Sandelo, Basti e Pichi (o primeiro unha vez suplente, os outros dúas). Xunto a eles Aarón, que participou menos por unha lesión, poden considerarse fixos. Menos partidos saíron no once De la Sierra, Agra, Samuel ou Darío. As fichaxes tamén foron atopando sitio no equipo titular, como Luisito, Madiop, e ultimamente Mayor, ao igual que Chapela, recuperado dunha longa lesión. Adrián Pose alterna o once coa saída desde o banco, e moita intervención desde a suplencia dos xuvenís Brais Pereira e Moreira.

Na actualidade ocupa o 11º posto, con 35 puntos, logrados mediante dez vitorias (Bastavales 1-0, Cordeiro 0-1, Unión 2-1, Esclavitud 5-2, Bertamiráns 2-1, Bastavales 0-3, Lalín 2-1, Piloño 4-1, Unión 1-2 e Esclavitud 0-1) e cinco empates todos fóra da casa (Chaián 0-0, Baio 0-0, Val do Ulla 0-0, Esteirana 3-3 e Tordoia 1-1), e perdeu catorce partidos (Lalín 1-0, Fisterra 0-1, Flavia 3-0, Piloño 1-0, Tordoia 1-2, Praíña 1-3, Dumbría 3-1, Sigüeiro 2-3, Fisterra 2-1, Flavia 2-3, Cordeiro 0-1, Chaián 1-2, Praíña 2-1 e Dumbría 1-3). Sumou case os mesmos puntos como local que como visitante, pois leva 18 na casa e 17 fóra. Os sumados no Municipal foron a raíz de seis triunfos, e colleitou oito derrotas, as tres últimas nos seus últimos partidos alí. Con todo, é na casa onde logra a maioría dos seus goles, pois leva 24 dos 38 logrados alí; mentres que encaixa os mesmos na casa, 24, dos 41 que ten en contra no total. O seu máximo goleador é o central Aarón, con 6 goles, seguido por Basti e Pichi, con 5; levan 3 goles Agra, Adrián Pose e Madiop; suman dous Alemán, Sandelo, Moreira e Chapela; e con 1 están Taibo, Samuel, Sito, Luisito, e outro en propia meta.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

SONEIRA S.D. – C.D. BAIO

Domingo 14 de abril; 18:00 horas.

Saída de Baio ás 16:30 horas.

Campo: Municipal (Vimianzo).

Árbitro: Ignacio Crespo Rodríguez.

Asistentes: Diego Cedeira Méndez / Aitor Escourido Álvarez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *