A Historia
C.D. BAIO |
|||||
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
1821 |
711 |
420 |
690 |
3000 |
3005 |
TOTAL LIGAS |
|||||
1594 |
617 |
364 |
613 |
2559 |
2636 |
1ª AUTONÓMICA |
|||||
422 |
171 |
111 |
140 |
641 |
616 |
Na quinta xornada da Primeira Galicia o CD Baio desprázase ata Sigüeiro para enfrontarse ao equipo local. O Sigüeiro FC ten o seu teito na 1ª Rexional, categoría que esta temporada vai disputar por 14ª vez, mais nunca chegou ascender á Preferente; o resto da súa traxectoria temos que buscala na Liga do Sar. A primeira vez que competiu nesta categoría foi na campaña 84-85, na que foi subcampión do Grupo II, o que supón a súa mellor clasificación da súa historia. Repetiu na 85-86 no mesmo grupo, para despois continuar as cinco seguintes no Grupo II-A, unha especie de Liga do Sar na 1ª Rexional. Xa con esta categoría cun único grupo provincial na temporada 91-92 o Sigüeiro foi penúltimo e descendeu. Volvería á 1ª Rexional provincial na 2002-03, pero volveu descender nesa campaña. E as cinco últimas temporadas, desde a 13-14 ata a actualidade, participa na 1ª Autonómica semiprovincial, na que se significou como un equipo con miras máis altas, pero que non logrou alcanzar de momento. No seu palmarés figuran dúas Ligas da 2ª Rexional, nas temporadas 2001-02 e 2012-13, e unha Copa do Sar, na 1996-97 (ao gañarlle ao Conxo, 1-0).
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
08 |
06 |
01 |
01 |
23 |
11 |
Xogados en Sigüeiro |
|||||
04 |
03 |
01 |
00 |
08 |
03 |
Esta será a quinta temporada na que coinciden os dous conxuntos, todas elas na 1ª Autonómica. A primeira foi na temporada 2002-03, no Grupo I provincial, e as catro últimas no Grupo II semiprovincial. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 15 de decembro de 2002, en Sigüeiro, e o CD Baio impúxose por 1-3; tamén golearía no partido da segunda volta (8-2), nunha campaña na que os baieses quedaron terceiros e os de Oroso foron penúltimos e descenderon. Na temporada 2013-14 volveron coincidir despois de que os dous ascendesen na temporada anterior; en Sigüeiro produciuse un empate (1-1), mentres que nas dúas seguintes visitas do Baio ao Lino Balado volveu levar a vitoria (0-2 na 14-15 e 1-2 na 15-16). Polo tanto, as estatísticas amosan unha clara superioridade do conxunto baiés, que gañou seis dos oito enfrontamentos, e nunca perdeu nas súas visitas ao campo orosán.
O partido do domingo
O Sigüeiro FC leva estas últimas temporadas coa mira posta na Preferente para así chegar a cotas nunca alcanzadas, pero non tivo sorte no empeño. Estivo cerca o ano pasado, pero ao remate foi 3º, bastante lonxe do ascenso directo e da promoción. Para intentalo esta campaña volveron modificar o seu plantel con varias incorporacións de calidade. O primeiro troco veu no banco, xa que Tomás Mougán deixou o seu sitio a David González Otero, que procede do xuvenil do Xuventude de Oroso, club que leva o fútbol base do equipo da 1ª Galicia. En canto aos xogadores, incorporaron aos defensas Arturo e Jesús (procedentes do Compostela Xuvenil), Alé Dos Santos (do Puebla), Guti (que vén do Estradense, tras militar en clubs da 3ª como Bertamiráns ou Ordes) e o veterano Bautista (que procede do Céltiga, tras moitos anos na 3ª: Negreira, Compos e, sobre todo, Cerceda); para o medio do campo chegaron Felipe (do Sofán), Julio Prol (que o ano pasado non xogou logo de estar no Conxo) e Parcero (Compos Xuvenil); e para a dianteira chegou Pablo Mato (o ano pasado comezou no Dubra da 3ª para pasar despois ao Conxo, club no que se formara). Xunto a eles continúan clásicos xa deste equipo como Fer, Chema, Juanito ou Óscar Maroño. Na portería estanse relevando o canteirán Pablo e Dani (este suma a terceira temporada aquí, logo de xogar na 3ª con Santa Comba, Bertamiráns e Ordes); na defensa están xogando Fer, Borja, Guti e Aitor; para o medio do campo está contando co ex do Sofán e Bertamiráns B Álex Pri, con Julio Prol, Parcero e Hugo Arnejo (este tamén chegou a xogar na 3ª co Negreira, e na Preferente con Berta, Estudiantil, Xallas ou Grixoa); e na dianteira os minutos cópanos Pablo Mato e Pepe Cidranes (tamén cun amplo historial de clubs: X. Sanxenxo na 3ª; Villestro, Estradense e Santiago na Preferente; na 1ª Noia, Estudiantil, Flavia…). En definitiva, o Sigüeiro acumula un plantel con xogadores de contrastada categoría, moitos deles con pasado na 3ª División, e combina xente nova con outros máis veteranos, como é o caso de Juanito (que xogou na 1ª División co Deportivo, e na 2ª co Compos, Betis, Mérida, Levante Toledo e Rácing de Ferrol), que en decembro cumprirá 48 anos, ou Bautista, que este mes fixo xa os 40. Pero o Sigüeiro non comezou ben a liga, pois non coñece a vitoria nas catro primeiras xornadas; tras comezar perdendo co Bertamiráns na casa (0-3), empatou os tres seguintes: na visita a Fisterra (2-2), na casa co Tordoia (0-0) e no campo do Soneira (2-2) a semana pasada.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
SIGÜEIRO F.C. – C.D. BAIO
Domingo 1 de outubro; 17:00 horas.
Saída de Baio ás 14:30 horas.
Campo: Lino Balado (Sigüeiro-Oroso).
Árbitro: Carlos Villaverde Mogo.
Asistentes: Iván Martínez Salgado / Pablo Ameijeiras Blanco.