A Historia
C.D. BAIO |
|||||
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
1818 |
710 |
420 |
688 |
2997 |
3002 |
TOTAL LIGAS |
|||||
1591 |
616 |
364 |
611 |
2556 |
2633 |
1ª AUTONÓMICA |
|||||
419 |
170 |
111 |
138 |
638 |
613 |
Segunda xornada da 1ª Galicia 17-18 e o CD Baio viaxa ata Padrón para enfrontarse a un dos clásicos do fútbol galego, o Flavia SD. O equipo padronés foi fundado en 1964 baixo a denominación Padrón Frente de Juventudes, que en 1967 mudou por Padrón S.D., e xa desde 1979 adoptou o actual nome en recordo do antigo club desta vila. Participou sempre na Liga do Sar ata que se converteu en Flavia SD, que comezou a subir de categoría. Neste tempo leva 9 temporadas competindo na 3ª División, 16 na Prefetente, 1 na 2ª Rexional e esta será a 12ª campaña na 1ª Rexional ou Autonómica. Ten un gran palmarés, pois gañou unha liga de Preferente (84-85), outra de 1ª Rexional (03-04) e tres Ligas do Sar (67-68, 69-70 e 02-03); pero onde destacou foi na Copa do Sar, xa que é o club con máis títulos, nada menos que oito (67-68, 77-78, 78-79, 03-04, 06-07, 07-08, 14-15 e 15-16).
Esta será a 7ª temporada consecutiva nesta 1ª Autonómica. A temporada pasada rematou no 7º posto, a pesar de ser un dos favoritos para estar arriba. Tan só perdeu 9 partidos, pero os 12 empates condenárono a non alcanzar os postos de podio.
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
18 |
08 |
04 |
06 |
22 |
23 |
Xogados en Padrón |
|||||
09 |
03 |
03 |
03 |
11 |
13 |
Esta é a décima temporada que coinciden os dous conxuntos, as tres primeiras na Rexional Preferente e as demais na 1ª Rexional. O primeiro enfrontamento tivo lugar hai exactamente 33 anos, o 9 de setembro de 1984, e o Flavia impúxose no seu campo ao Baio (3-0) -tamén se impoñería no Balsiño-, para rematar os padroneses como campións de liga esa temporada. Houbo que agardar ata a 88-89 para que volvesen cadrar, e o Baio logrou gañar no Souto, igual que o fixo na súa seguinte visita, na campaña 96-97. Na temporada 99-00, os dous equipos estaban na 1ª Rexional e non houbo goles no partido xogado en Padrón, gañou o Flavia na 00-01 e de novo empate sen goles na 01-02. Despois de moitos anos sen enfrontarse volveron coincidir na 13-14, e de novo se produciu un empate, neste caso a uns. As dúas últimas visitas baiesas ao Souto acabaron en goleada: na 14-15 gañou o Baio 1-4 e na 15-16 foi o Flavia o que se impuxo por 6-2. Así pois, as estatísticas dos partidos xogados en Padrón amosan unha tremenda igualdade, mentres que no total dos seus enfrontamentos o Baio mellora os números do Flavia.
O partido do domingo
Segunda xornada ligueira na que o Baio visita un dos favoritos para gañar esta liga, cun equipo que mantén a práctica totalidade do bloque da temporada pasada, reforzada con ata sete fichaxes que lle dan a vitola dun gran plantel, e no que o mister Camilo Perol conta cun gran fondo de armario. Así continúan xogadores como os porteiros Chile e Diego Perol, defensas como Triñanes, Esparís ou José Enrique, medios como Joel Pereiro ou Kevin, e na parte atacante seguen Álex Pérez, Brais ou Rego. A eles uníronse este ano os centrocampistas Víctor (logo de moitos anos no Unión), Gabi (tras 3 temporadas no Bertamiráns), García (que volve tras xogar no Ordes e Estudiantil) e desde o Cordeiro chegou Carlos Padín, unha institución no fútbol galego, e o segundo máis veterano da liga (en outubro fará 43 anos, cinco menos que Juanito). Para reforzar a dianteira ficharon a Adrián Nieto (o ano pasado no Dumbría e Urdilde), Calderón (desde o Bertamiráns) e David Pérez (do Boiro Xuvenil). Ata 22 xogadores compoñen o cadro de xogadores, no que calquera pode ser titular, o que dá mostras do seu potencial. Estreouse nesta liga vencendo no campo do Tordoia, e agora terá o seu debut ante un Baio que chega ilusionado a esta segunda xornada despois de conseguir empatar na xornada inaugural.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
FLAVIA S.D. – C.D. BAIO
Domingo 10 de setembro; 18:00 horas.
Saída de Baio ás 15:45 horas.
Campo: Municipal do Souto (Padrón).
Árbitro: Miguel Ángel Vilas Lorenzo
Asistentes: Óscar M. Vidal Balsa / José M. González Laíño