A Historia
C.D. BAIO |
|||||
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
1827 |
712 |
423 |
692 |
3011 |
3018 |
TOTAL LIGAS |
|||||
1600 |
618 |
367 |
615 |
2570 |
2649 |
1ª AUTONÓMICA |
|||||
428 |
172 |
114 |
142 |
652 |
629 |
O CD Baio vai viaxar na undécima xornada da Primeira Galicia ata o concello de Valga, para enfrontarse ao Cordeiro CF. Club fundado en 1969, cumpre na actual a súa 49ª temporada competindo. A pesar da súa condición de club pontevedrés, sempre disputou os campionatos encadrado na delegación de Santiago, polo que a Liga do Sar foi o seu espazo natural. Tras 13 campañas nesta liga (ou na xa denominada 2ª Rexional), vai ascender á 1ª Rexional semiprovincial, na que estará 4 temporadas, para seguir, logo da división deste grupo en dous (Costa e Santiago), na 1ª Rexional cinco campañas máis. Na 1990-91 desfanse estes grupos da 1ª Rexional e o Cordeiro encádrase na 2ª Rexional, na que vai xogar dúas temporadas, para caer ao inferno da 3ª Rexional na 1993-94. Volve subir ao ano seguinte e tras 11 campañas na 2ª Rexional, proclámase campión na 2004-05 e sobe á 1ª Rexional provincial. Non lle foron ben as cousas nesta categoría e é pechacancelas e volve descender. 7 campañas máis estivo na 2ª Autonómica ata que na 2012-13 se proclama de novo campión e ascende á 1ª Autonómica, de novo semiprovincial, na que suma coa actual a quinta temporada consecutiva. En definitiva, son 15 temporadas na 1ª Rexional (5 delas como Liga do Sar), 33 na 2ª Rexional e 1 na 3ª Rexional. Neste tempo conseguiu os campionatos de liga da 1ª Rexional Grupo 2A na 1987-88 (perdeu a promoción de ascenso á Preferente co Camariñas), e dous da 2ª Rexional (2004-05 e 2012-13).
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
10 |
07 |
01 |
02 |
16 |
11 |
Xogados en Valga |
|||||
05 |
04 |
00 |
01 |
08 |
06 |
Esta será a sexta temporada na que coincidan os dous conxuntos, todas elas na 1ª Rexional. O primeiro partido que disputaron foi o 8 de xaneiro de 1983, no Balsiño, e o Baio gañou con claridade (3-0); mentres que o primeiro xogado en Valga foi o 13 de maio de 1984, e volveu gañar o equipo baiés (1-2). Habería que agardar dúas décadas para que volvesen atoparse, e foi na temporada 2005-06, na 1ª Rexional Provincial, e o Baio volveu gañar en terras pontevedresas (0-2), mais ao remate os dous descenderían á 2ª Rexional. E os dous volveron subir logo da temporada 2012-13 e coincidirían nas tres campañas seguintes. Seguindo coa tradición, o Baio levou a vitoria do campo de Baño, tanto na 2013-14 (1-2) como na 2014-15 (0-2), para certificar a regra do 2. Foi na temporada 2015-16 a última vez que coincidiron e a única na que o Cordeiro conseguiu impoñerse na súa casa, e fíxoo por goleada (4-0). As estatísticas, polo tanto, son favorables ao equipo baiés, sobre todo as dos partidos que xogou como visitante.
O partido do domingo
O Cordeiro CF leva estas últimas temporadas quedando nos postos medios-altos da táboa, pero quizais lonxe das expectativas que se crearan antes de comezar esas campañas, pois manexaba un cadro de xogadores de bastante nivel. Pero moitos destes xogadores abandonaron o equipo este verán (caso de Juanito ou Padín, por poñer un exemplo), e baixou a calidade do plantel. Mais o Cordeiro mantén unha serie de efectivos que levan moito tempo xogando xuntos, o que os confirma como un bloque seguro. As fichaxes foron escasas, e temos que citar a dos defensas Pablo Tourís (Carcacía) e Yago (o ano pasado no Cacheiras e logo no San Martín de Vilaxoán), e para o centro do campo retoraron tres xogadores con pasado no Cordeiro: Isaac e Xenxo (desde o Furia) e Manu (do San Martín de Vilaxoán), ademais da chegada de Po desde o Flavia. No banco José Luis González Eiras mantén un bloque máis ou menos fixo de titulares, con Pablo Castro como indiscutible na portería; para a defensa Gabriel, Maga, Pablo Tourís e Yago son normalmente fixos na titularidade; para o centro do campo Manu, Jesús (este con pasado na 3ª División co Vilalonga), Isaac e Rubén Bodaño teñen moitas papeletas para saíren de inicio, o mesmo que na punta Álex. Outros que acumulan moitos minutos e poderían ser da partida son Roi Pereira, Mateo, o xuvenil Sergio Cachi, Anxo ou Xenxo. Desde o banco saen normalmente Christian, Pablo Rial, Álvaro, Bustelo, Roi Martínez, Po ou Juanillo.
O Cordeiro suma na actualidade 13 puntos, que o colocan na 10ª posición, colleitados despois de tres vitorias e catro empates. Os triunfos viñeron co San Lorenzo, na casa, e co At. Ribeira e Tordoia como visitante; empatou como local contra o Fisterra, Silleda e Chaián, e no campo do Soneira; mentres que caeu derrotado en Baño contra o Bertamiráns, e nas súas visitas ao Unión e Flavia. Suma 14 goles, tanto a favor como en contra, con Jesús como máximo goleador con 5 goles, quedando Álex e Mateo con 2 cada un.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
CORDEIRO C.F. – C.D. BAIO
Domingo 12 de novembro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 14:00 horas.
Campo: Municipal de Baño (Baño-Valga).
Árbitro: Marcos Bravo González
Asistentes: Borja Buján Vidal / María Ángeles Suárez Santos