A Historia
C.D. BAIO |
|||||
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
1888 |
741 |
438 |
709 |
3113 |
3092 |
TOTAL COPA DA COSTA |
|||||
207 |
90 |
49 |
68 |
423 |
336 |
BUÑO SD NA COPA DA COSTA |
|||||
147 |
56 |
27 |
64 |
240 |
259 |
O venres o CD Baio continúa a súa andadura na Copa da Costa e viaxa ata Buño para a disputa do partido dos oitavos de final ante o equipo local, o Buño SD. O club oleiro foi fundado en 1964, e aínda que non participou na liga inaugural, si o fixo na primeira Copa da Costa. Esta é a súa 48ª temporada -contando a primeira na que só xogou a Copa-, e deixou de participar nas campañas de 1971-72 a 1974-75 e de 1988-89 a 1991-92. Este ano disputou a 2ª Galicia, e nesta categoría disputou 36 temporadas, sendo as outras 11 na 3ª Autonómica. En canto á Copa da Costa, esta vai ser a súa 47ª participación, xogando todas as edicións nas que estivo en activo, excepto a 1987-88. Ocupa o 16º posto en canto a partidos xogados neste torneo, con 147 encontros disputados. Son 75 as eliminatorias ás que se enfrontou e saíu vencedor en 29 delas. O rival que máis veces coincidiu con el foi o Cee, con sete eliminatorias -das que só superou unha-, seguido polo Ponteceso e San Lorenzo, con seis, e Xallas e Carnota, con catro. Son ata o momento 34 os rivais que tivo na Copa da Costa, entre eles o CD Baio, co que xogará este venres por cuarta vez unha eliminatoria: a primeira foi na 1964-65, na primeira rolda, e tras o empate no Balsiño (2-2) o Buño impúxose na volta (3-1); a segunda ocasión foi na 1976-77, nos oitavos de final, e o Buño gañou no Balsiño (2-4) e o Baio gañou en Xaviña sen lograr igualar a eliminatoria (1-2); e a terceira foi na 1993-94, nos cuartos, e esta vez o Baio clasificouse logo de gañar os dous encontros (1-0 e 2-3). Entón, o Baio gañou tres dos seis partidos que disputaron, con 2 derrotas e 1 empate; os goles marcados polos baieses foron 11 e polos oleiros 12.
Para o CD Baio está é a súa 49ª participación, e na que leva disputados 207 partidos, o que supón que sexa o 3º club que máis encontros suma nesta competición por detrás de Ponteceso SD (234) e UC Cee (214). Son xa 105 eliminatorias celebradas e 58 delas gañadas, contra 42 rivais distintos: o UC Cee e UD Carnota, en 7 ocasións, o Ponteceso SD, en 6, e o Xallas FC, SD Soneira e UD Corcubión, en 5, son os rivais aos que máis veces se enfrontou o CD Baio.
O partido do venres
O Buño SD disputou este ano a Liga da Costa, o grupo 2 da 2ª Galicia, na que logrou a permanencia tras un bo tramo final, con tres vitorias nas tres últimas xornadas. Moitos problemas a comezo de temporada tras a chegada dunha nova directiva, e ata tres adestradores pasaron polo banco de Xaviña: comezou Torrila, seguiulle Chema Rivadulla e rematouna Tito Pedreira. Entre os tres utilizaron un total de 29 xogadores, algúns deles causaron baixa (incluídos algúns históricos, como Emilio ou os irmáns Dourado). Conta o equipo actualmente con 25 fichas, e ningún deles logrou participar na totalidade dos partidos ligueiros (30). Faltaron a un o defensa David e o porteiro Brais -este entrou como suplente nun deles-, mentres que Fran foi titular en 28 partidos. Outros xogadores que sobrepasaron os dous terzos da titularidade son Borja Gándara, Pablo Canedo, Petís e Juan Antelo, e Álex achegouse a eles. Jorge Calvete, fichado coa temporada iniciada, tamén xogou un bo número de encontros, e despois moi repartidas as titularidades.
O Buño rematou a liga no 10º posto, sumando 37 puntos, con 9 vitorias e 10 empates, mentres que as derrotas foron 11. Os seus números como local son bastante peores que os que logrou lonxe de Xaviña, pois na casa sumou 15 puntos e fóra 22. Tan só tres vitorias como local, por seis derrotas e outros tantos empates. En canto ás cifras goleadoras, logrou marcar 48 goles e encaixou 66, o que o converteu no terceiro máis goleado do grupo. Na casa marcou 27 goles e encaixou 41. O seu máximo goleador foi Juan Antelo, con 9 goles, seguido de Martín e Petís, con 8, e Borja Gándara, con 7; Moha chegou a 4 e Fran a 3, mentres que lograron 1 Rubén, Álex, Canedo, Miguel Dourado, Adrián Rama, Cristian e Maradona, aos que lles hai que sumar dous logrados en propia meta polos seus rivais.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
BUÑO S.D. – C.D. BAIO
Venres 17 de maio; 19:30 horas.
Saída de Baio ás 17:45 horas.
Campo: Xaviña (Buño).
Árbitro: Alberto Baña Tajes.
Asistentes: Iván Vilanova Antelo / José Ageitos Pasantes.