Previa Chaián CF-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1888

741

438

709

3113

3092

TOTAL LIGAS

1657

642

382

633

2653

2719

1ª AUTONÓMICA

485

196

129

160

739

699

Último partido de liga para o CD Baio, que viaxa este domingo ata terras de Trazo para enfrontarse ao Chaián CF. Este club, fundado hai 34 anos, disputou 12 temporadas na Liga do Sar, 15 na 3ª Rexional, e coa actual 7 na 1ª Rexional. Nas súas vitrinas figuran dúas Ligas da 2ª Autonómica (2006-07 e 2016-17) e outras dúas da 3ª Rexional (1997-98 e 2010-11); e a maiores o subcampionato da Copa do Sar da 2014-15 (perdeuna co Flavia).

Esta é a sexta temporada na que coincidan os dous conxuntos, todas elas na 1ª Rexional. As catro primeiras foron consecutivas entre a campaña 2001-02 e a 2004-05. O primeiro enfrontamento foi o 11 de novembro de 2001, no Platas Reinoso, con vitoria local (3-2), mesmo resultado para os locais que se deu no primeiro encontro xogado en Chaián, o 24 de marzo de 2002. As tres seguintes visitas a Chaián do CD Baio remataron con empate no marcador: 2-2 na 2002-03, 0-0 na 2003-04 e 1-1 na 2004-05. Habería que agardar ata a 2017-18 para que volvesen coincidir, e nesta pasada campaña impúxose o Chaián por 3-1. Polo tanto, as estatísticas mostran que o Baio nunca gañou en Chaián, con tres empates e dúas derrotas, seis goles a favor e nove en contra. No montante total, os traceños inclinaron a balanza nos últimos enfrontamentos, con catro vitorias para eles por dúas do Baio e cinco empates, son 14 os goles marcados polos baieses e 19 os encaixados.

O partido do domingo

O Chaián CF ten practicamente os dous pés na 2ª Galicia, pois só unha carambola con moitos goles o podería librar desas últimas catro prazas que non teñen posibilidade de salvación. Tras unha profunda transformación no verán, con moitísimas fichaxes, a maior parte delas procedentes do filial do Compostela, o Zona Vella, non alcanzaron unha regularidade e só en contados partidos deron un rendemento algo, como foi o caso do partido da primeira volta en Baio. Marcos Donnici colleu o equipo mediada a temporada, mais non logrou sacar o equipo da zona de perigo, pois contou con moitas baixas por lesión, pero a máis significativa foi a do seu goleador que fichou en xaneiro polo Xallas da Preferente. Os adestradores utilizaron un total de 24 xogadores, mentres que actualmente conta con 23 fichas sénior. Ningún xogador disputou a totalidade dos encontros ligueiros, pero Martín González faltou a un, e nos 32 foi titular; o defensa Rubén foi titular en 31, o mesmo número de encontros nos que participou Botana -ainda que este entrou en seis desde o banco-. Jacobo Álvarez saíu no once en 30 partidos e o porteiro Peri en 29, mentres Losada e Adrián Cabado fixérono en 27. Raúl, Rodrigo, Adrián García, Isi ou Sergio Varela case chegaron aos dous terzos de partidos como titulares. Antonio, Carracedo, Dani García ou Paco son algúns dos que adoitan saír desde o banco.

Na actualidade ocupa o 15º posto, con 35 puntos, logrados mediante dez vitorias (Bertamiráns 1-0, Esteirana 0-1, Cordeiro 3-0, Unión 0-2, Praíña 1-0, Baio 2-4, Val do Ulla 1-0, Soneira 1-2, Dumbría 3-2 e Esclavitud 0-1) e cinco empates (na casa, Soneira 0-0, Flavia 0-0 e Piloño 2-2; fóra, Bertamiráns 1-1 e Cordeiro 1-1), e perdeu dezaoito partidos (Sigüeiro 0-2, Val do Ulla 1-0, Bastavales 1-2, Lalín 4-1, Fisterra 0-3, Flavia 3-1, Tordoia 2-1, Piloño 1-0, Dumbría 4-2, Esclavitud 0-3, Sigüeiro 3-0, Esteirana 0-1, Bastavales 2-0, Lalín 1-2, Fisterra 2-0, Tordoia 0-4, Unión 0-1 e Praíña 4-1). Sumou practicamente os mesmos puntos como local que como visitante, pois fixo 18 na casa e 17 fóra, aínda que xogou un partido máis como visitante. No seu campo gañou cinco partidos e empatou tres, pero onde destacan os seus números é como goleador. Leva en total 31 goles a favor, o que supón ser o peor nesta faceta no grupo, mentres que os encaixados foron 53. Pero se malos son os seus números goleadores, estes agrávanse nos encontros disputados en Augas Santas, pois só logrou marcar 13, e na metade dos partidos como local non conseguiu perforar a meta rival. O seu máximo goleador segue sendo o ex Jacobo López, con 7, ao que lle seguen Jacobo Álvarez e Adrián García, con 6. Isi e Adrián Cabado levan 3, Paco 2, e con 1 están Martín González, Raúl e Dani García, aos que lles hai que sumar outro máis en propia meta.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

CHAIÁN C.F. – C.D. BAIO

Domingo 19 de maio; 18:00 horas.

Saída de Baio ás 16:00 horas.

Campo: Augas Santas (Chaián).

Árbitro: Noel Villamor Rial.

Asistentes: Iván Martínez Sequedo / Marco M. Ricigliano Fernández.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *