Previa CF Dumbría-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1871

731

437

703

3075

3066

TOTAL LIGAS

1642

634

381

627

2625

2695

1ª AUTONÓMICA

470

188

128

154

711

675

Primeira visita da segunda volta e derbi no Conco fronte ao CF Dumbría, a primeira vez que os dous equipos xoguen entre si en Dumbría en partido de liga, a pesar dos moitos anos que leva competindo o cadro dumbriés (fundado en 1996). Xa que logo, o único precedente que temos entre estes dous conxuntos é o partido da primeira volta, disputado no Platas Reinoso coincidindo coas festas baiesas, e que acabou sen goles.

O partido do domingo

O CF Dumbría descendeu desde a Preferente e está tratando de asentarse na categoría tras un cambio importante no seu cadro de xogadores. Tras un complicado inicio foise achegando aos postos cabeceiros, que deben ser por lóxica os seus. Un equipo que mestura veteranía con xuventude, soubo contrarrestar as importantes baixas coa importante presenza no equipo de rapaces que cumpren a súa primeira temporada de sénior (procendentes do seu equipo xuvenil como do Bergantiños), como é o caso de Xabier Castro, Pablo Paz, Eloy, Jorge Vázquez, Marcos Mouro, Alberto Loureiro ou Borja (aínda que este foi baixa para irse para o Lira). Xunto a eles chegaron outros máis experimentados como Iván Baña (Dubra), Darío Capelo (Negreira) ou David García (Mazaricos). Recentemente acaba de incorporar a Xacobe (Camariñas). Na actualidade conta o míster con 23 fíchas sénior, e leva utilizados no que vai de temporada 24 xogadores (3 deles xuvenís, aínda que xeito testemuñal). Dous xogadores foron titulares en todos os encontros de liga: o defensa Canario (só perdeu 10 minutos) e o dianteiro Yuyo; un partido menos xogaron de inicio Matías e Darío Capelo. Xunto a eles pódense considerar fixos na aliñación o porteiro Iván Baña (Jorge xogou dous partidos), Diego Cespón, Marcos Mouro e Pablo Paz. O veterano Iago, aínda que comezou a liga saíndo desde o banco, pouco a pouco foi atopando o seu sitio no once; e para o resto dos postos postúlanse os Rivi, David García, e en menor medida, Marcote, Alberto Loureiro ou Eloy, que tamén combinan coa saída desde o banco, ao igual que sucede con Xabier Castro e Charly. Menos minutos tiveron David Carreira e Juanjo.

Na actualidade ocupa o 6º posto, con 28 puntos, logrados mediante nove vitorias (Bertamiráns 4-0, Esteirana 1-6, Bastavales 2-1, Lalín 0-1, Soneira 3-1, Cordeiro 3-1, Unión 1-2, Chaián 4-2 e Piloño 2-0) e un único empate (Baio 0-0), e perdeu oito partidos (Esclavitud 0-2, Sigüeiro 1-3, Val do Ulla 4-2, Fisterra 1-2, Flavia 4-0, Tordoia 1-0, Praíña 2-1 e Esclavitud 2-1). Os seus puntos foron fundamentalmente conseguidos no seu campo, onde sumou 18, con seis vitorias e tres derrotas. Como dixemos comezou mal a liga pois non gañou ata a xª 5, e só sumou un empate (o seu único, en Baio) nas catro primeiras xornadas, pero despois logrou bos resultados contra equipos de nivel como Lalín, Unión ou Piloño. Tamén no seu campo é onde destaca como goleador, pois logrou 20 dos seus 33 goles, e tan só na xornada inaugural non logrou marcar como local. Case a metade dos goles foron anotados por Yuyo, que suma 15 no que vai de campionato; tres el están Darío Capelo e Xabier Castro, con 3; David García, Iago e Rivi, con 2; e levan 1 Matías, Charly, Diego Cespón, Marcos Mouro e Marcote, con outro logrado en propia porta.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.F. DUMBRÍA – C.D. BAIO

Domingo 20 de xaneiro; 16:30 horas.

Saída de Baio ás 14:45 horas.

Campo: O Conco (Dumbría).

Árbitro: Sergio Sánchez Martínez.

Asistentes: Diego Cusset Ramírez / Miguel Ramírez Eirís.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *