Previa do CD Baio-SD Tordoia

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1820

710

420

690

2997

3005

TOTAL LIGAS

1593

616

364

613

2556

2636

1ª AUTONÓMICA

421

170

111

140

638

616

Na cuarta xornada da Primeira Galicia o CD Baio desprázase ata Tordoia para enfrontarse ao equipo local. A SD Tordoia é un club relativamente novo, pois fundouse en 1982, e tras militar moitos anos na 3ª e 2ª Autonómica, alcanza a 1ª Autonómica na temporada 2015-16 logo de superar a promoción de ascenso na campaña anterior. É pois esta a súa terceira temporada nesta categoría, tras salvarse nas dúas anteriores por tres puntos, foi 9º na 15-16 e 12º na 16-17.

Esta será a segunda temporada na que coinciden os dous conxuntos, xa que a primeira foi hai dúas cando o conxunto tordoeinse ascendeu á 1ª Autonómica. No partido xogado en Tordoia non houbo goles, mentres que si que os houbo no de volta, con vitoria baiesa (3-1). Con todo, esa campaña o Baio baixaría polos arrastres e non puideron enfrontarse a 16-17.

O partido do domingo

O Tordoia mantén o bloque da temporada pasada, no que o máis destacable é a presenza no banco do xalleiro Víctor Pazos, que chega ao cadro tordoiense con experiencia nesta categoría, tras o seu paso polo Bertamiráns B ou o Sporting Zas. Con Santi ou Juanjo na portería, a defensa é cousa de Álex Varela, Chino, Toño e Nico; no centro do campo o ex do Malpica Alemán, Andrade e Jorge Liñares son os que máis están xogando, e a perigosidade arriba vén da parella que forman Maki e Denís. Xuco, Anxo, Che ou Diego son outros xogadores que levan acumulados minutos nos tres partidos xogados ata o de agora. Neses encontros, o Tordoia comezou perdendo na casa ante o Flavia, cun solitario gol dos de Padrón, pero soubo reaccionar ben e logrou a vitoria no seu desprazamento a Bertamiráns (1-2) e empatou na visita a outro dos chamados a estar arriba como é o Sigüeiro (0-0).

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

S.D. TORDOIA – C.D. BAIO

Domingo 24 de setembro; 16:15 horas.

Saída de Baio ás 14:15 horas.

Campo: Gorgullos (Santaia-Tordoia).

Árbitro: José Luis Rego Rodríguez.

Asistentes: Alejandro Pereira Pereira / Raúl Ferreiro Pampín

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *