A Historia
C.D. BAIO |
|||||
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
1826 |
711 |
423 |
692 |
3009 |
3017 |
TOTAL LIGAS |
|||||
1599 |
617 |
367 |
615 |
2568 |
2648 |
1ª AUTONÓMICA |
|||||
427 |
171 |
114 |
142 |
650 |
628 |
Coincidindo coa décima xornada da Primeira Galicia o CD Baio vai disputar o seu partido ligueiro número 1600. O seu rival vai ser a SD Piloño, co que volve enfrontarse tras un ano separados. O club do concello de Vila de Cruces é relativamente novo, pois fundouse en 1996, polo que esta é a 22ª temporada da súa historia. Tras oito campañas na 3ª Rexional, a maioría delas ocupando postos baixos, na 2003-04 queda subcampión e ascende á 2ª Rexional. Pero só botará nesta categoría un ano, polo que volve baixar á 3ª Rexional, na que estará cinco temporadas máis. Na 2009-10 proclamouse campión e ascende á 2ª Autonómica, na que prolonga os seus éxitos. Na 10-11 queda cuarto, pero na 11-12 é subcampión e ascende á nova 1ª Autonómica. E nesta categoría acumula xa seis temporadas consecutivas, as primeiras delas acabando na zona media, pero mellorando nestas últimas. A campaña pasada rematou na 6ª posición, aínda que lonxe dos postos de ascenso e promoción. Polo tanto, a SD Piloño disputou 13 temporadas na 3ª Rexional 2 na 2ª Rexional e esta é a sexta na 1ª Autonómica. Nas súas vitrinas figura esa liga da 3ª Rexional (09-10) , á que hai que sumarlle a Copa do Sar conseguida na temporada pasada (2016-17; impúxose ao Bastavales UD), despois de perder a final da campaña 2015-16 (co Flavia SD).
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
06 |
01 |
02 |
03 |
05 |
13 |
Xogados en Baio |
|||||
03 |
00 |
02 |
01 |
03 |
0 |
Esta será a cuarta temporada na que coincidan os dous conxuntos, todas elas na 1ª Autonómica deste último lustro. O primeiro partido que disputaron foi o 15 de decembro de 2013, no Platas Reinoso, e o Piloño goleou ao equipo baiés (1-5), desquitándose estes na volta, impoñéndose por 1-2. Na temporada seguinte o Piloño conseguiu empatar en Baio (2-2) no partido que pechaba a temporada, xa sen nada en xogo. E na 15-16 o enfrontamento disputado no Platas Reinoso coincidiu co partido inaugural da liga, cadrando coas festas baiesas, alí deuse outra vez un empate. As estatísticas son favorables ao equipo de Vila de Cruces, pois nunca perdeu nas súas visitas a Baio, e dos seis partidos disputados en total, gañou a metade e só perdeu un.
O partido do domingo
A SD Piloño vén mantendo estas temporadas unha boa liña de xogo que se manifesta nos seus resultados. E este ano parece que melloraron as súas prestacións, mantendo a base do equipo da temporada pasada. A principal novidade vén da man do novo míster, Julio Alberto Fernández, que abandonou o corpo técnico da SD Agolada para facerse cargo dun equipo da 1ª Galicia. Canda el son novos no equipo o porteiro Álex (Cire Melide), o defensa Marcos que volve ao Piloño tras rematar a pasada campaña no Silleda, e os medios Javi López (estaba sen xogar) e Matías, que tamén volve ao Piloño tras un ano no Lalín.
A pesar de contar con 20 fichas de xogadores, son 16 os que contan con minutos para o adestrador. Na portería Álex xogou todos os minutos, deixando aos outros dous (Cherokee e Dumbo) aínda inéditos. Na defensa son seguros Dani e Santi, con Tuco e Otero tamén habituais; Imanol, Juan, Maceiro e Matías son case sempre da partida, co primeiro tamén ás veces incrustado na defensa, dando entrada no medio ao veterano Marc Vidal (este lalinense xogou na 2ª B co Lugo, e na 3ª división con Vilalonga, Bergantiños, Compostela, Santa Comba ou Lalín, e tras varios equipos da Preferente suma a súa segunda campaña co Piloño). Para a dianteira, confía Julio Alberto na dupla Víctor-Zequi, quedando Romero no banco para as segundas partes. Menos minutos teñen Terri, Fran, Caramés, Jairo ou Marcos.
O Piloño suma na actualidade 21 puntos, que o converten en líder actual do grupo. É o único equipo invito, con seis vitorias e tres empates. No seu campo gañoulle a Soneira, At. Ribeira, Flavia e Tordoia, e empatou co Unión; mentres que como visitante impúxose en Silleda e Bertamiráns e empatou co San Lorenzo e Chaián. Leva 16 goles a favor e 10 en contra, estando os seus goles moi repartidos, pois ata oito xogadores lograron marcar. Zequi, con 4, e Víctor, con 3, son os que máis suman. Pero a forza do Piloño está no equipo, pois non é dos clubs que teña figuras de renome, senón que traballan como un bloque e aí está a clave do seu éxito. Agardemos que este domingo sume a súa primeira derrota, tras os dez partidos invito que leva (nove da liga, e este mércores impúxose por 0-6 ao At. Oleiros na Copa do Sar).
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – SD PILOÑO
Domingo 5 de novembro; 16:15 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Eric Vázquez Veiras
Asistentes: Fabián Blanco Rodríguez / Jorge Silva Corral