A Historia
C.D. BAIO |
|||||
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
1822 |
711 |
420 |
691 |
3002 |
3008 |
TOTAL LIGAS |
|||||
1595 |
617 |
364 |
614 |
2561 |
2639 |
1ª AUTONÓMICA |
|||||
423 |
171 |
111 |
141 |
643 |
619 |
Na sexta xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe no Platas Reinoso á SD Agolada, equipo que ten o seu teito na 1ª Autonómica, categoría que esta temporada vai disputar por 5ª vez, todas elas consecutivas. A primeira vez que alcanzou esta categoría foi na temporada 2013-14, logo de que ascendese da man do CD Baio na promoción de ascenso da 2ª Autonómica 12-13. Na súa primeira campaña rematou no 8º posto, para salvarse do descenso polos pelos na 14-15 ao ser 15º; na 15-16 escapou dos moitos arrastres sendo 10º, e na última deu o salto e foi subcampión e perdeu a promoción de ascenso á Preferente co San Tirso abegondés.
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
08 |
01 |
04 |
03 |
10 |
10 |
Xogados en Baio |
|||||
04 |
01 |
02 |
01 |
06 |
04 |
Esta será a cuarta temporada na que coincidan os dous conxuntos, todas elas na 1ª Autonómica, aínda que tamén disputaron, como dixemos, unha liguiña de promoción de ascenso xuntos. Foi precisamente nesta fase de ascenso cando coincidiron por vez primeira, xogouse o 20 de maio en terras do Deza, con vitoria local (2-1), mentres que o primeiro en Baio foi o 9 de xuño e o conxunto baiés impúxose con claridade (5-0). Xa na 1ª Autonómica os dous partidos da temporada 13-14 remataron en empate, sen goles no Platas Reinoso e un para cada un no Hospitalillo. Na campaña 14-15 o Agolada gañou comodamente na súa visita a Baio (0-3), repetíndose o resultado de Agolada. E na 15-16 foi a última vez que cadraron e o Baio non pasou do empate na súa casa (1-1) e veu con derrota de terras dezanas. Polo tanto estatísticas xerais favorables ao Agolada, quedando máis igualadas nos partidos disputados no Platas Reinoso.
O partido do domingo
A SD Agolada mantén practicamente o bloque que o levou o ano pasado ao subcampionato. Só tres incorporacións, todas elas moi novas, procedentes de terras lalinenses. Das Escolas de Fútbol de Lalín chegaron o porteiro Peti e o defensa Álex Rivas, e do CD Lalín o lateral ou interior Leo. Ao mando de Luis Pichel no banco, son 22 os xogadores cos que conta o conxunto agoladense, dos que tan só seis se manteñen da primeira temporada na que o Baio e Agolada disputaron a promoción: Rafa, Rubén Areán, Víctor, Diego Peyret, Santi e Pablo. Neste inicio ligueiro o míster está contando cunha base de xogadores fixos, como Jacobo, Álex Rivas,, Santi, Pacheco, David García e Leo; repartíndose os minutos os demais, con Diego Gil e Rubén como os únicos que apenas xogaron. Rafa e Peti compartiron a portería e na dianteira, os seus perigosos atacantes non puideron completar todas as xornadas, pois foron baixa nalgunha delas. A calidade e rapidez de Aitor, a xuventude de Álex Diéguez, a veteranía e fortaleza de Pablo, e o portento físico que é o hondureño Jemba, son as principais bazas que ten Pichel para impoñer o medo nos equipos rivais. Pero tamén no centro do campo conta con moi bos xogadores, como Víctor, Santi ou Pacheco. Leva sumados 9 puntos, que o coloca na 4ª praza, no grupo de perseguidores do Lalín e Flavia, que foron sumados en tres vitorias (en Chaián, e na casa contra Flavia e Tordoia), con dúas derrotas (co unión e en Bertamiráns).
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – S.D. AGOLADA
Domingo 8 de outubro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Alberto Baña Tajes.
Asistentes: Santiago Boedo Varela / Óscar Santos Rodríguez.