Previa do CD Baio-Bertamiráns FC

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1819

710

420

689

2997

3004

TOTAL LIGAS

1592

616

364

612

2556

2635

1ª AUTONÓMICA

420

170

111

139

638

615

Chegamos á terceira xornada da 1ª Galicia 17-18 e chega ao Platas Reinoso o Bertamiráns FC para enfrontarse ao CD Baio. O equipo da capital de Amaía foi fundado en 1933, pero non foi ata este século cando alcanzou os seus maiores logros. Ascendeu por vez primeira á 1ª Rexional na temporada 1994-95 e logo de tres temporadas volveu descender á Liga do Sar. Retornou á categoría provincial na 2008-09, e na 09-10 proclamouse campión e ascendeu á Preferente. Estivo as tres seguintes campañas nesta categoría, ata que na 12-13 queda 3º e ascende á 3ª División. Botou dúas temporadas na categoría nacional, ata que os problemas económicos fan que perda peso na competición e descenda de novo á Preferente. Na 15-16 conseguiu salvar a categoría, pero na 16-17 os moitos arrastres condenárono ao descenso á 1ª Galicia, na que volve competir este ano. Foron logo 2 temporadas na 3ª División, 5 na Preferente e esta vai ser a sexta na 1ª Autonómica. Á parte do título provincial xa comentado, conseguiu gañar a Copa do Sar nas temporadas 92-93 e 09-10, ademais da conseguida na 13-14 polo seu filial o Bertamiráns B. Este conxunto filial competiu durante varias campañas desaparecendo na actual, e cun bo historial pois chegou a competir na 1ª Autonómica durante 4 temporadas. E é que as categorías de base son o alicerce do proxecto deste club, que leva varios anos sendo un dos tres clubs galegos con máis equipos en competición.

O Bertamiráns descendeu da Preferente ao rematar a temporada pasada no posto 16º, con poucas vitorias e escasos goles a favor. Aínda así foron os arrastres o que motivou o seu descenso.

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

02

01

00

01

07

05

Xogados en Baio

01

01

00

00

04

01

Esta será a segunda temporada na que coinciden os dous conxuntos, e de novo na 1ª Autonómica. Si coincidiu o club baiés máis veces co filial Bertamiráns B, pero co equipo matriz só cadraron an campaña 1994-95, logo de que os dous ascendesen á 1ª Rexional o ano anterior. O primeiro enfrontamento foi precisamente no partido inaugural da liga e xogouse en Bertamiráns o 4 de setembro, e nel os locais impuxéronse pola mínima, aínda que con moitos goles (4-3). O primeiro e ata agora último xogado en Baio foi o 29 de xaneiro de 1995, e nel os baieses impuxéronse con claridade (4-1), estar como estaban na gran xeira de 27 partidos consecutivos sen perder que os levaría a conseguir o título de liga. Pola súa parte o Bertamiráns acabaría esa campaña no 11º posto, sen perigo de descenso.

O partido do domingo

O Bertamiráns supón o conxunto incognita deste grupo por canto mudou case por completo o seu cadro de xogadores e, a pesar de descender da Preferente, podemos considerar que é un equipo totalmente novo. Ben é certo que as vinte baixas que sufriu foron cubertas por xogadores procedentes do equipo filial (Lucas Ces ou Martín Meijide) ou do xuvenil (Alfonso, Juan Vázquez, Pablo Souto, Gonzalo ou Arnejo). Outros regresaron despois de militar noutros conxuntos, como é caso de Sande (Sp. Zas e Villestro), Hugo (Xallas), Álex Boo (Conxo) ou o fornido dianteiro Cacho (Lesende e Sigüeiro). Tamén foron fichados os porteiros Álex Pouso (Negreira) e Martín (Villestro), o defensa Guillermo (Villestro), os centrocampistas Álex Rivadulla (Santiago Xuv.), Erik (Conxo Xuv.) e Xenxo Goldar (Lamela), e para a dianteira chegaron Pinaque (Lamela) e Julio Díaz (Conxo Xuv.).

Do banco faise cargo este ano o ex-adestrador do Villestro Manuel Moscoso.

Nas dúas xornadas disputadas o Bertamiráns leva unha no cravo (gran vitoria en Sigüeiro goleando 0-3) e outra na ferradura (derrota na casa co Tordoia 1-2), mentres que o cadro baiés vén de caer na súa visita ao Flavia (2-0) despois de igualar sen goles co Chaián no debut ligueiro.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

C.D. BAIO – BERTAMIRÁNS F.C.

Domingo 17 de setembro; 16:00 horas.

Campo: Platas Reinoso (Baio).

Árbitro: Denís Añón Salgueiro.

Asistentes: Aitor Maneiro Santos / Christian Grille Blanco

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *