Previa: Bastavales UD-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1825

711

422

692

3008

3016

TOTAL LIGAS

1598

617

366

615

2567

2647

1ª AUTONÓMICA

426

171

113

142

649

627

Na novena xornada da Primeira Galicia o CD Baio viaxa ata terras de Brión para enfrontarse ao Bastavales U.D., club que debuta na 1ª Autonómica, tras moitos anos competindo na Liga do Sar. Despois do intento da temporada 2015-16, na que quedou ás portas do ascenso na liguiña de promoción co Sp. Zas, a temporada 16-17 converteuse nun paseo para eles no Grupo 4º da 2ª Galicia, proclamándose campión con varias xornadas de adianto. Puido completar a súa boa temporada coa Copa do Sar, pero perdeu a final que o enfrontou ao Piloño SD, non podendo aínda conseguir este trofeo tras chegar por segunda vez á final (a anterior fora na temporada 77-78, que gañara o Padrón SD).

Polo tanto esta vai ser a primeira vez que Bastavales UD e CD Baio se enfronten, e fano despois de conseguir os respectivos títulos ligueiros a temporada anterior. Bastavales e Baio, dúas parroquias de similar poboación que non son capitais municipais comparten este ano categoría.

O partido do domingo

Tras a excelente campaña anterior o Bastavales UD mantén boa parte do excelente bloque que lle deu tantos éxitos e así o está refrendando esta temporada, ocupando na actualidade o primeiro posto da clasificación. As baixas que se produciron foron ben cubertas coa chegada do porteiro David Insua (a pasada temporada no Sofán primeiro e logo no Sp. Zas), os defensas Emilio (Sálvora), Santos (Villestro) e Vila (Bertamiráns), o medio Anxo (Pontevedra B) e o dianteiro Raúl Insua (Sofán e Berres), ademais da subida desde o filial de Miguel Castro, Pereira e Rocamonde. Esta semana completaban as incorporacións coa chegada do dianteiro Adrián Beiroa, que xogara a pasada campaña no Sigüeiro.

O adestrador brionés Alberto Fernández ‘Pica’, que leva varias temporadas no club, aposta por un once practicamente fixo, aínda que con variantes. Na portería comezou xogando Minifonti os cinco primeiros partidos, pero nos tres últimos fíxose coa titularidade David Insua. Na defensa son seguros os centrais Emilio e Mirazo, con Miguel Danuite e Óscar nos laterais, aínda que o lesionado Anxo (no partido da semana pasada) tamén foi da partida en varios encontros. Para o centro do campo, son habituais Xaco, Viti, Pereira e o veterano Labandeira; mentres que na parte de arriba xogan Raúl Insua e Julián Nieto, o máximo goleador do grupo 4º da 2ª Galicia da temporada pasada. Fran García e Villaverde tamén tiveron a oportunidade de saír algún partido de titulares, e para trocos, quedando os demais compoñentes do amplo plantel con poucos minutos de xogo.

O Bastavales suma na actualidade 18 puntos, despois da vitoria da xornada inicial (San Lorenzo), e tras dúas derrotas seguidas (en Ribeira e co Silleda), suma agora cinco vitorias consecutivas (co Chaián e Bertamiráns na casa e nas visitas ao Unión, Flavia e Tordoia), que o levaron a encabezar a táboa clasificatoria. Suma 16 goles a favor (2º do grupo) e encaixou 7 tantos (2º do grupo), facendo da súa fortaleza defensiva a clave da súa subida na clasificación (nestas cinco vitorias consecutivas só encaixou un gol). Os goles repártense entre os 4 de Julián Nieto, os 3 de Labandeira e Pereira, sumando 1 outros seis xogadores, polo que vemos que ata nove membros do equipo conseguiron xa marcar.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

BASTAVALES U.D. – C.D. BAIO

Domingo 29 de outubro; 17:00 horas.

Saída de Baio ás 15:00 horas.

Campo: Municipal (Brión).

Árbitro: Javier Garaboa Fernández

Asistentes: Óscar Manuel Vidal Balsa / Bárbara Ana Álvarez Castro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *