Previa: At. Ribeira-CD Baio

A Historia

C.D. BAIO

TOTAL LIGAS + COPAS

P. X.

P. G.

P. E.

P. P.

G. F.

G. C.

1832

714

425

693

3021

3023

TOTAL LIGAS

1605

620

369

616

2580

2654

1ª AUTONÓMICA

433

174

116

143

662

634

O CD Baio vaise enfrontar este sábado 30, na xornada aprazada da decimoquinta xornada da Primeira Galicia, ao Atlético Ribeira, no campo da Fieiteira, a carón de onde hai pouco máis de catro anos conseguía o club baiés o ascenso de categoría fronte ao Sálvora. O Atlético Ribeira é un club fundado en 1968, que celebra coa actual a súa temporada 50ª, e que comezou a súa andadura no grupo do Barbanza da Liga do Sar na campaña 1968-69, e catro temporadas despois lograba o ascenso á Preferente, na que botou un ano, para volver á Liga da Sar de novo só unha temporada. Na 1974-75 xogaba na Preferente e nesta categoría botaría cinco anos ata que logra o ascenso á 3ª División. Outras cinco campañas na categoría nacional (da 1979-80 á 1983-84), para volver ao seu terreo natural que era a Preferente, na que botaría as seguintes nove campañas. Na 1993-94 xoga na 1ª Rexional provincial, e igualmente nas seguintes seis temporadas, logo das cales volve á Preferente. Cinco temporadas máis na división biprovincial, para volver caer á 1ª Rexional, na que está tres anos antes de descender para a Liga do Sar. Dúas campañas na liga local do Barbanza e volve á 1ª Autonómica e outras dúas tempadas despois volve á Preferente. Da 2013-14 á 2015-16 xoga na Preferente, para descender de novo á 1ª Autonómica semiprovincial, categoría na que se atopa actualmente. En definitiva, o At. Ribeira leva disputadas 7 temporadas na Liga do Sar, 5 na 3ª División, 23 na Preferente e coa actual son 15 na 1ª Rexional. Neste tempo conseguiu 4 Ligas do Sar (1968-69, 1971-72, 1973-74 e 2010-11), 1 liga da 1ª Rexional (2000-01) e 1 liga da Preferente (1978-79); así como 1 Copa do Sar (2010-11), sendo finalista na temporada 1969-70.

Enfrontamentos Totais Liga

P. X.

P. G.

CD Baio

P. E.

P. P.

CD Baio

G. F.

CD Baio

G. C.

CD Baio

16

06

06

04

17

12

Xogados en Ribeira

08

00

05

03

06

09

Esta será a novena temporada na que coincidan os dous conxuntos. Das oito anteriores, cinco foron na Preferente e tres na 1ª Rexional provincial. O primeiro enfrontamento tivo lugar o 23 de setembro de 1984, no campo da Fieiteira, e encontro finalizou en empate (2-2), tras igualares os baieses dous goles en contra. A igualada mantívose nas dúas seguintes visitas do Baio ao campo ribeirense (1-1 e 0-0), para perder polo mesmo resultado (1-0) nas dúas últimas confrontacións na Preferente. Os seguintes enfrontamentos xa foron na 1ª Rexional provincial, o primeiro deles na temporada 1994-95, e o Baio que sería campión de liga só puido sacar un empate sen goles da Fieiteira; tamén empatou na 1999-2000, neste caso 2-2, e na seguinte campaña, que foi a última vez que cadraron o At. Ribeira impúxose por 2-1, nunha temporada na que acabou co liderato. En resumo, oito visitas do Baio á Fieiteira, onde nunca conseguiu gañar pero sacou cinco empates nos oito partidos disputados, con tres derrotas pola mínima nos outros tres. Nas estatísticas xerais xa hai lixeira vantaxe do Baio, por canto en campo baiés case sempre saíu triunfante o cadro local.

O partido do domingo

Tras o descenso desde a Preferente, esta é a segunda temporada consecutiva na 1ª Galicia, na que o At. Ribeira trata de recompoñerse e reconstruírse con xente da casa. As novidades viñeron da volta de Manu Millán, procedente do Palmeira, e desde o Puebla veu Campay, mais xa causou baixa. O equipo está adestrado polo bilbaíno Pedro Yugueros, e conta cun plantel sénior de só 16 xogadores, dos que tres son gardametas. Ata once xuvenís xogaron minutos co primeiro equipo ribeirense.

Nestas quince xornadas a base do equipo estivo formado pola presenza no once inicial de Sergio na portería (aínda que chegaron a xogar outros tres porteiros, incluído o xuvenil Adrián); David e Adam son indiscutibles, mentres que Esteban, Marcos, Joseíño, Gus, Fran, o xuvenil Juan Rial e a estrela Madiop, forman case sempre no once inicial. A outra praza case a reparten entre Álvaro ou Manu Millán, aínda que nos últimos partidos están contando con oprtunidades Queiruga e Treus , e entre os xuvenís é Yago o que máis está contando ultimamente.

O At. Ribeira ocupa na actualidade a 15ª posición do grupo, con 14 puntos, conseguidos tras catro vitorias e dous empates. Como local venceu ao Bastavales, Sigüeiro e Silleda, e empatou co Chaián, mentres que levaron a vitoria da Fieiteira o Cordeiro, Soneira e Bertamiráns. Como visitante logrou impoñerse contra o San Lorenzo, cun empate no campo do Flavia, e derrotas fronte a Lalín, Piloño, Fisterra, Unión e Tordoia. Polo tanto, a maioría dos puntos fíxoos como local (10). Marcou 22 goles nos 14 partidos disputados, dos que 9 foron do senegalés Madiop, Joseíño leva 4, e con 2 están Juan Rial, Fran Pena e Manu Millán, e con 1 Cameán, Álvaro e Marcos. En contra suma 40 goles, o que fai que sexa o equipo máis goleado do grupo, deses goles 15 foron como local, o que o colocan como o segundo que máis encaixa na súa casa.

PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2

AT. RIBEIRA – C.D. BAIO

Domingo 10 de decembro; 16:30 horas.

Saída de Baio ás 13:30 horas.

Campo: A Fieiteira (Sta. Uxía de Ribeira).

Árbitro: Julián Buján Vidal

Asistentes: Borja Buján Vidal / Diego García Agra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *