Ata 18 xogadores superaron os 2800 minutos xogados esta temporada (para facernos unha idea, 31 partidos completos son 2790 minutos). Só un xogador, Paulo, o porteiro do UC Cee, disputou todos os minutos de todos os partidos da liga. Tres xogadores máis, os cormeláns Lucas e Alejo e o mazaricán Matías, foron titulares na totalidade dos encontros, pero non os completaron na súa totalidade. Facendo unha convocatoria de 16 no cadro vemos os xogadores que máis minutos disputaron esta temporada, tomando como base as actas da FGF. Entre eles, hai dous xogadores do Corme, Cee, Mazaricos, Baio e Cerqueda, e con un figuran Castriz, Buño, Monte Louro, Porteño, Corcubión e Ponteceso.
Dándolle a importancia que debería ter, traemos aquí a clasificación doXogo Limpo, baseándonos no intento que desde a propia FGF se fixo por crear un trofeo ao respecto. En base a ela, adoptamos o seu sistema de puntuación, polo cal se suma un punto por cada cartón amarelo, dous en caso de dobre amarelo, e os vermellos puntuan con tres puntos por cada partido ou semana de sanción. Unha vez comprobados todos os partes de sanción da temporada, os equipos do CD Baio e Mazaricos CF foron os que sumaron menos puntos, e polo tanto foron máis “limpos”; seguidos a pouca distancia polo Corme CF. Na parte contraria están os equipos do concello camariñán, Porteño CF e Camariñas FC, que dobran en puntuación aos primeiros.