II Trofeo Gasthof

A segunda edición do Trofeo Gasthof chegaba este domingo ao Platas Reinoso, onde o convidado foi  o Atlético Coruña Montañeros, actual equipo de Preferente despois de proclamarse na pasada temporada campión do grupo 1 de Primeira Rexional.

Os catro goles do encontro chegaron na segunda parte. Comezou o Baio gañando con goles de Iván Rojo e Javi Suárez, pero o Atlético Coruña Montañeros conseguiu remontar o 2-0 e empatar o resultado. Decidiuse así  o trofeo dende o punto de penalti caendo a responsabilidade nas mans de Julián, que entraba xa na primeira parte por lesión de Dani. Sería precisamente Julián o que acertaría o último disparo do rival, deixando en Álex Varela a responsabilidade de marcar o penalti definitivo que deixa o trofeo na casa por primeira vez.

Dende o club, insistir no agradecemento ao Atlético Coruña Montañeros polo seu desprazamento para a disputa do noso Trofeo, e desexarlle moita sorte esta temporada no seu novo reto en Preferente.

E, por suposto, agradecer a Gasthof unha vez máis que sigan apostando pola casa.

Esta semana toca seguir coa preparación de pretemporada con dous novos partidos; serán o mércores en Cerceda contra o Queixas e o domingo en San Andrés no Trofeo Concello de Zas.

 

One Comment on “II Trofeo Gasthof”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *