Benvido, Diego!

Diego Díaz é, dende hoxe, novo adestrador do CD Baio.

Diego (Baio, 1977) empezou neste club como xogador na temporada 91-92 sendo cadete, pasando por xuvenís e sénior ata chegar á Preferente. Foi aquí cando deixou esta casa para comezar a súa traxectoria en Terceira División en clubs como o Bergantiños, Malpica ou Santa Comba ata volver ao CD Baio, onde chegou a combinar esta última etapa de xogador coa faceta de presidente. Tras catro anos de presidencia, nos que tamén foi adestrador da canteira, deixou o cargo despois de conseguir o ascenso da temporada 2012/2013.

Volve á casa un baiés, xogador, adestrador, presidente e, sobre todo, un dos máis fieis xeareiros desta familia. Non precisa a benvida alguén que nunca se foi, só desexarlle o mellor nesta nova etapa recordando a súa gran frase ilustre: as noces volven ó cesto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *