Alfredo Soneira (Baio, 1982) volve aos terreos de xogo por petición expresa do novo míster Diego Díaz, dous meses despois de anunciar a súa retirada.
Ámbolos dous cadraron neste club na súa etapa de xogadores, aínda que Fredi tardou varios anos máis en colgar as botas. A pesar da súa firme decisión a principios desta temporada, a súa constante presencia nos adestramentos fixeron que Diego pensara nel para suplir a baixa de Norberto, lesionado desde fai varias semanas.
Fredi sempre manifestou o seu desexo de non facer ficha, pero non dubidou en acceder a esta petición de xeito puntual, recalcando que non hai opción a renovar máis temporadas.
Agradecer a Fredi o seu esforzo para botar unha man ao club da súa vida.