Arranca o CD Baio 2020

Comezou a pretemporada do CD Baio no Platas Reinoso e fixoo con moitas novidades. Coa renovación de Pablo Torreira e Bruno no banquillo, continúa este ilusionante proxecto que intentará estar ao mesmo nivel ou superior que a pasada temporada.

O grupo de xogadores foi citado na tarde de onte ás 20:30h, onde protagonizaron a súa primeira sesión de traballo pensando xa no partido do próximo domingo, no que dará comezo a Copa Deputación.

A saída de oito xogadores da pasada temporada, abre as portas ás novas incorporacións. Os futbolistas que crean baixa respecto á pasada temporada son: Dani Varela, Iván Rojo, Álex Figueiras, Fachal, Santi Díaz, Moreno, Josiño e Isaac.

Pola contra, ademáis dos xuvenís Mohedano e Carlos que dan o salto ao primeiro equipo, son xa seis os futbolistas que chegaron a esta entidade: Diego Mallo e Sergio Cebey (SD Coristanco), Braian (Orillamar xuvenil), Manu Santiso (Atlético Coruña Montañeros), Martín Gemelo (SD Castriz) e Mario Domato (CD Larín). Tamén se puxeron ás ordes de Pablo Torreira os xuvenís Iago e Raúl, á espera de confirmar se o club contará nesta temporada cun equipo da súa categoría.

Arranca así o CD Baio cun grupo moi renovado pero coa mesma base e ilusión que a temporada pasada, co obxectivo de seguir loitando e ilusionando a toda a vila como vén facendo nos últimos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *