Cando todo parecía indicar que o CD Baio renunciaría ao equipo xuvenil esta temporada por falta de xogadores, a difusión na procura de rapaces nacidos entre 2000 e o 2002 deu os seus froitos, e o xoves 16 de agosto botaba a andar un grupo repleto de caras novas.
A primeira das novidades chega dende o banquillo, xa que os nosos sénior Bieito e MC deixan de ser os adestradores e toma o relevo Brais, carballés que vén de lograr unha temporada tremenda coa SD San Lorenzo Verdillo xuvenil, onde exercía de segundo adestrador ademais de xogador dos seus sénior.
Sen dúbida, non podía haber mellor forma de comezar a temporada que confirmando a presenza do CD Baio nesta liga xuvenil que arranca o 15 de setembro, no noso caso no campo do UD Cee. Podedes consultar o calendario e facer as vosas contas para vir cada sábado animar a este grupo de rapaces que escribirá o futuro deste club.
Benvidos e moita sorte a todos!