A Historia
C.D. BAIO |
|||||
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
1824 |
711 |
421 |
692 |
3004 |
3012 |
TOTAL LIGAS |
|||||
1597 |
617 |
365 |
615 |
2563 |
2643 |
1ª AUTONÓMICA |
|||||
425 |
171 |
112 |
142 |
645 |
623 |
Na oitava xornada da Primeira Galicia o CD Baio recibe no Platas Reinoso ao gran favorito da liga, e un dos clubs máis sobranceiros do fútbol galego, o C.D. Lalín. Fundado en 1974, non comezou a competir ata a temporada 1976-77, na 2ª Rexional, categoría na que botou tres temporadas. Tras un meteórico ascenso pasou á 1ª Rexional, á Preferente e á 3ª División en só tres anos. Desde a campaña 1981-82 á 2009-10 estivo ininterrompidamente en categoría nacional, combinando a 3ª División con algunha campañas na 2ª División B. Tras o descenso á Preferente e novo ascenso á 3ª División, chegou un novo descenso que mantivo o Lalín catro temporadas na Preferente ata que descendeu á 1ª Autonómica, categoría na que cumpre a segunda campaña consecutiva.
É esta, pois a súa 42ª temporada, que se dividen nas 3 iniciais na 2ª Rexional, 6 na 2ª División B, 24 na 3ª División, 6 na Preferente, e esta é a terceira na 1ª Autonómica. Temos que destacar que o CD Lalín figura na 10ª posición entre os clubs galegos que máis partidos xogaron na 3ª División, na que suma 912 encontros. Os seus títulos veñen dados de 2 ligas da 3ª División (1984-85 e 1990-91), 1 liga da Preferente (2010-11) e 1 liga da 2ª Rexional (1978-79), sumando ademais 7 fases de ascenso á 2ª División B.
O partido do domingo
Esta vai ser a primeira vez que se enfronten o CD Baio e o CD Lalín, equipo que como dixemos parte como o gran favorito do grupo. Tras a irregular campaña do ano pasado do equipo dezano, na que finalizou na metade da táboa, modificou case por completo a súa estrutura. De primeiras, temos que falar da chegada ao banco de Manu Cerón, procedente do Ourense CF. E para reforzar o equipo nada menos que 15 fichaxes, que lle deron unha nova cara a este Lalín, pois moitas delas proceden de superior categoría. Foi tamén intención do equipo lalinense repatriar xogadores saídos da súa canteira, como é o caso dos porteiros Marcos (Laro) e José Ramón (Silleda), os defensas Nuno (Santiago Xuvenil) e Xairo (Piloño), os medios Pitu (Silleda) e Xocas (Arzúa), ou o dianteiro Matelo (Estudiantil). Outras incorporacións foron os defensas Ocampo (UD Ourense) e Bieito (EF Lalín), os medios Brais (Ourense CF) e Rubén García (Pontevedra B), e os dianteiros Camba (Barbadás), Petrabich (Lemos) e Richi (Vilalonga). Cabe destacar a presenza deste último, que saído da canteira do Pontevedra, suma varias campañas na 3ª División (Pontevedra, Coruxo, Alondras, Vilalonga) e incluso algunha na 2ª B (Coruxo).
Manu Cerón leva nestas sete xornadas apostando por un equipo practicamente fixo, pois podemos dicir que son 12 os xogadores que se reparten a titularidade. Na portería, Marcos foi titular en todos os encontros menos na última xornada, que lle deixou o sitio a José Ramón; na defensa Nuno, Ocampo e Xairo son fixos, o mesmo que Xocas, Rubén e Brais no centro do campo, e Richi diante; as outras prazas repártense entre Camba, Ferreiro, Matelo e Petrabich, aínda que Pitu tamén foi titular nalgún encontro. O resto do plantel ten unha presenza máis testimonial e apenas contan con minutos.
Tras gañar os catro primeiros partidos (co At. Ribeira e Unión na casa, e en Silleda e Chaián), suma agora tres seguidos sen conseguir a vitoria, con dúas derrotas (co Flavia e en Bertamiráns) e un empate (co Tordoia). Con isto, ocupa actualmente a 4ª praza, con 13 puntos, a dous dos líderes. É o equipo máis goleador do grupo (aínda que empatado con Bastavales, Soneira e Fisterra), con 14 tantos, dos que a metade son obra de Richi; 3 suma Camba e 2 leva Petrabich.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
C.D. BAIO – C.D. LALÍN
Domingo 22 de outubro; 16:30 horas.
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Adrián Pérez Rellán
Asistentes: Óscar Rey Sánchez / Iván Vilanova Antelo.