A Historia
C.D. BAIO |
|||||
TOTAL LIGAS + COPAS |
|||||
P. X. |
P. G. |
P. E. |
P. P. |
G. F. |
G. C. |
1823 |
711 |
421 |
691 |
3004 |
3010 |
TOTAL LIGAS |
|||||
1596 |
617 |
365 |
614 |
2563 |
2641 |
1ª AUTONÓMICA |
|||||
424 |
171 |
112 |
141 |
645 |
621 |
Na sétima xornada da Primeira Galicia o CD Baio viaxa ata A Pobra do Caramiñal para enfrontarse no Campo da Alta ao Puebla FC, un dos grandes favoritos deste grupo. O equipo barbanzano fundouse en 1973, e nas 44 temporadas que leva disputadas, estivo en todas as categorías desde a 3ª División á 3ª Autonómica. Tras as súas cinco primeiras temporadas na Liga do Sar, na 78-79 proclámase campión da 2ª Rexional e ascende á 1ª Rexional. Aquí vai estar cinco temporadas, ata que na 83-84 logra o título en dura loita co CD Baio. Tres campañas en Preferente, para na última delas ser subcampión e ascender á 3ª División, categoría na que botará tameén tres temporadas, descendendo de novo á Preferente polos arrastres. A dúas campañas na Preferente seguíronlle catro na 1ª Rexional, nove na 2ª Rexional para caer na 3ª, na que competiu catro temporadas. Co título na 08-09, ascende á 2ª Autonómica, na que estará tres campañas, a última delas, a 11-12, como campión, ascende á 1ª Autonómica. Outras tres temporadas no grupo semiprovincial, e subcampionato na última delas que lle valeu o ascenso de novo á Preferente tras gañar a promoción. Pero só bota unha temporada e baixa á 1ª Autonómica, na que leva con esta dúas temporadas consecutivas. En resumo, 3 temporadas na 3ª División, 6 na Preferente, 14 na 1ª Autonómica, 13 na 2ª Autonómica (+5 na Liga do Sar) e 3 na 3ª Autonómica. Suma os seguintes títulos: 1 liga de 1ª Rexional, 2 ligas de 2ª Rexional e 1 liga de 3ª Autonómica. Non chegou nunca á final da Copa do Sar, pero si gañou unha Copa Galicia de Preferente.
Enfrontamentos Totais Liga |
|||||
P. X. |
P. G. CD Baio |
P. E. |
P. P. CD Baio |
G. F. CD Baio |
G. C. CD Baio |
14 |
09 |
02 |
03 |
29 |
16 |
Xogados na Pobra |
|||||
07 |
03 |
01 |
03 |
13 |
11 |
Esta será a oitava temporada na que coincidan os dous conxuntos, tres delas na Preferente e as outras cinco na 1ª Autonómica. O primeiro enfrontamento foi o 6 de novembro de 1983, en terras barbanzanas, e o partido rematou con empate (2-2). No partido de volta o Baio impúxose por 2-1, pero non chegaría para impoñerse na loita polo título ligueiro, que se foi ao Caramiñal. Os dous subiron á Preferente, e alí estiveron as tres seguintes campañas; nas dúas primeiras o Puebla impúxose como local (2-0 e 2-1), pero na terceira o Baio logrou a vitoria (0-1) a pesar de que o Puebla acabaría ascendendo á 3ª División. Tiveron que pasar varias temporadas ata que volvesen coincidir na temporada 94-95 na 1ª Rexional e os baieses golearon nos dous encontros (1-5 na Pobra). E máis que houbo que agardar, pois ata a temporada 13-14 non volveron cadrar, e aquí o Baio volveu levar a vitoria (2-3), mentres que ao ano seguinte foi o Puebla o que se impuxo (2-1) antes de ascender á Preferente, no que foi a última visita dos baieses ao campo da Alta. En definitiva, estatísticas moi igualadas nos encontros disputados en campo barbanzano, mentres que no global o Baio é moi superior. A estes enfrontamentos ligueiros hai que sumar unha dobre confrontación moi especial, como foi a final da Copa Galicia 85-86, que acabou gañando o Puebla ao vencer nos dous encontros (2-1 e 0-2).
O partido do domingo
O Puebla FC, como xa dixemos, é un dos claros favoritos ao título ligueiro pola calidade do seu equipo e as súas incorporacións. Tras o seu descenso da Preferente o equipo tardou en collerlle o punto á nova categoría, pero refíxose e rematou a pasada campaña na 4ª posición. E na actual volve intentar dar o salto de categoría, para o cal chegou unha fichaxe mediática como o boirense Changui, ex-xogador de Compostela, Deportivo, etc. etc. Á parte do dianteiro procedente do Ribadumia, chegaron os defensas Pablo Pérez (Estudiantil), Alessandro (Unión), Jesús (Borio Xuvenil) e Xaco (Noia); os centrocampistas Nacho (Boiro Xuv.), Mariño (Conxo Xuv.) e Pap (At. Ribeira), e o dianteiro Diego Rivas (Unión e Valiño, na campaña anterior). Dirixidos por segunda temporada consecutiva por Anxo Casalderrey, ata 20 xogadores xogaron ata o momento, nun plantel no que só tres xogadores sobrepasan os 26 anos (o defensa Manuel Mª e os dianteiros Espi e Changui). Na portería Alassane xogou as tres primeiras xornadas e Juan as tres últimas. Changui foi o único que saíu de titular nos seis encontros, con cinco veces Lass Sene e Pap, e con catro Pablo Pérez, Manuel Mª, Picos e Espi. Tamén foron moi usados, os defensas Xaco, Jesús e Benogo, os centrocampistas Nacho, Manu Treus e Jorge Viturro, e na punta Diego Rivas.
Ocupa actualmente o 8º posto, con 10 puntos, pero só a dous do líder. Impúxose en tres partidos (Chaián, Bertamiráns e en Tordoia), empatou un (co Silleda) e perdeu dous (nas visitas a Flavia e Unión). Suma 7 goles a favor (3 de Pap e Changui, 1 de Viturro), e tan só 4 en contra, o que o converte no menos goleado do grupo. É dicir, é un equipo que basea a súa fortaleza na faceta defensiva, e a partir de aí intenta gañar os partidos a través da calidade dos seus homes de arriba.
PRIMEIRA GALICIA – GRUPO 2
PUEBLA F.C. – C.D. BAIO
Domingo 15 de outubro; 16:30 horas.
Saída de Baio ás 13:30 horas.
Campo: A Alta (Cabío-A Pobra de Caramiñal).
Árbitro: Logan Sampedro Valiño.
Asistentes: Mario Sanín Seoane / Eduardo García Paniagua.